La Curiosa, memoria en conserva

0

La Curiosa, memoria en conserva

Compostela ten moitas tendas e en moitas delas pódense comprar conservas, pero unha tenda dedicada case en exclusivas ás latas era unha eiva importante da cidade. La Curiosa enche ese oco e o complementa ademais cunha selección de viños das Denominacións de Orixe galegas e con eventos de cata e degustación tódalas semanas.

La Curiosa é un proxecto de Cristóbal Fernández, un vigués de 24 anos que atopou a idea nunha viaxe por Portugal. A idea é simple pero o éxito está e como se desenvolve, unha decoración da lata pensada para cada ano de xeito que o cliente poda atopar unha referencia ao seu nacemento ou usalo como regalo para alguén.

La Curiosa, memoria en conserva

 

La Curiosa, memoria en conserva

La Curiosa, memoria en conservaSi no 1969 atopamos a Armstrong camiñando pola lúa, no 78 estará unha referencia á película Grease, no 89 a caída do Muro de Berlín e no 2002 a chegada do euro. 80 deseños saídos da mente de Cristóbal e das mans da pintora María José Fernández Ferreiro, un percorrido histórico que comeza en 1940 e chega ata os nosos días. A lata leva ademais unha pequena lista dos acontecementos do ano en cuestión co que un pode repasar que sucedeu mentres disfruta do produto. As tapas das latas son intercambiables polo que un pode decidir que ano quere e que quere comer, gardar as tapas ou re utilizar as latas para gardar calquera cousa, e algún haberá co tempo que as coleccione.

La Curiosa, memoria en conserva

La Curiosa, memoria en conserva

O bo está no interior

La Curiosa ten precisamente no produto o seu gran valor. Se non se ofrecerá unha boa conserva non serviría de nada o deseño.  Quen se encarga de encher as latas, con produto fresco e de tempada, son dous das principais fábricas da Ría de Arousa, Real Conservera Española e Portomar. Sardinillas en aceite de oliva, Sardinillas Picantes, Zamburiñas en salsa de Vieira, Luriñas na súa tinta e Polbo á galega forma a oferta actual e en agosto chegará o mexilón en escabeche cunha receita moi especial.

La Curiosa, memoria en conserva

Cristobal Fernández

Viño e catas

La Curiosa, memoria en conservaComo complemento ideal ás conservas, a tenda conta cunha  viñoteca na que, de forma moi visual, un atopa as 5 denominacións de orixe de Galicia, ofrecendo entre 2 e 4 botellas de cada unha. Na planta superior da tenda contan cunha sala de catas destinada a organizar eventos gastronómicos, sendo o viño o gran protagonista. Ofrecen catas a grupos reducidos de entre 6 a 10 persoas, cursos de iniciación ao mundo do viño e mesmo dan a posibilidade de reservar a sala para reunións de amigos.

La Curiosa, memoria en conservaEles mesmos organizan catas como a do pasado xoves que levaba o nome de “aprende a ler un viño” impartida polo experto Miguel Ángel Gómez hermida. Non se trata só de distinguir sabores ou olores, un tamén descubre as diferencias entre os corchos de botella bos e os malos ou como colocar as copas na mesa. As bodegas que forman parte da viñoteca mandarán tamén de cando en vez a enólogos que falen dos viños e os dean a coñecer.

La Curiosa, memoria en conservaComo non podía ser doutro xeito La Curiosa está preparando unha tenda online pero visitar local da rúa Bautizados é un plan perfecto para calquera día, ver as latas, decidir e incluso charlar un anaco con Cristóbal e descubrir a ilusión coa que coida do proxecto. Si imos viaxar no tempo mellor facelo con conservas e viño.

La Curiosa, memoria en conserva

La Curiosa, memoria en conserva

La Curiosa, memoria en conserva

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial