La Galiciana acolleu a presentación da XXIII Festa da Troita de Oroso

0

Oroso, 27 de abril do 2019 – O mercado gastronómico La Galiciana acolleu a presentación da XXIII Festa da Troita que se celebrará en Sigüeiro, Oroso, os 10, 11 e 12 de maio.

Na presentación os asistentes puideron degustar as troitas ademais de coñecer en boca do alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Luís Rey, as novidades da Festa da troita. No amplo programa deste ano hai espazo para as orquestras, os bailes, os espectáculos de maxia, obradoiros infantís e charangas. Todo comezará o venres 10 pola noite co festival Oroso en Vivo, no que actuarán as orquestras Panorama e Ibiza.  Haberá tamén as tradicionais degustacións de troita, coa colaboración dos establecementos de hostalaría de Oroso, e o xantar popular do domingo 12 de maio, na carpa da alameda de Góis. O pregón correrá a cargo do reitor da USC, Antonio López.

Manuel Mirás lembraba que “Cúmprense ademais dez anos desde que a nosa gran cita para a gastronomía e a diversión foi declarada Festa de Interese Turístico. Oroso é natureza, gastronomía e hospitalidade; sempre é un bo momento para saborear a troita e pasear polos sendeiros naturais do municipio, pero a Festa da Troita é moito máis: haberá música de día e de noite, artesanía, cultura e actividades para todas as idades”.

Luis Rey destacou tamén os tradicionais campionatos de pesca e a actuación de Barafunda, un grupo de animación que representará a troita e os pescadores polas rúas de Sigüeiro “unha gran troita percorrerá as rúas do concello nun espectáculo de rúa único creado para a festa”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial