займ срочно

Unha rúa para o Lacón en La Galiciana

0

lacón street en La GalicianaDo mesmo xeito que non podemos imaxinar un mercado galego sen polbo non podemos facelo sen carne. La Galiciana ten outro dos seus puntos neurálxicos en Lacón Street na que o protagonista e o porco xunto coa tenreira e a vaca.

Si pensamos nunha feira as imaxes que temos son as do churrasco. En Lacón Street vaise un paso máis alá. Un dos pratos con máis sabor e precisamente unha tira de costela de porco pero feita a baixa temperatura e posteriormente adobada.

lacón street en La GalicianaPero o buque insignia de este posto é o bocadillo de Pulled Pork. Despois de cociñar a carne a baixa temperatura toda a noite, en torno as 12 horas de elaboración, desmígase e con iso fanse os bocadillos. Ademais dun preparación tan coidada a carne que se usa e porco de gama selecta da marca Coren. Son animais criados con castañas ao modo tradicional o que da unha carne lixeira cun lixeiro matiz doce.

As hamburguesas son tamén algo a ter en conta a hora de decidirse por un prato en Lacón Street. De 180 gramos, carne natural sen ningún tipo de aditivos e de tenreira ou de vaca. Con elas entramos no mundo da tenreira e a vaca e chegamos a outro prato moi demandado como é o entrecot.

lacón street en La GalicianaO entrecot incorporouse a  carta fai pouco tempo. A día de hoxe é un dos produtos que están tendo máis aceptación. 350 gramos de carne feita a brasa e ao punto que desexe o cliente. Os expertos din que a carne para estar no seu punto ten que facerse pouco, conserva todos os mollos e queda moito máis branda pero cada un pode pedila como desexe. A maduración da carne é outra parte importante, en este caso úsase lomo de vaca de primeira calidade con entre 25 e 30 días de repouso previo.

lacón street en La GalicianaLacón Street é outra boa razón para coñecer La Galiciana, carne preparada con moito esmero e como sempre co mellor servizo. Lembrade que si queredes ir coñecendo toda a oferta da Galiciana a tedes no seguinte enlace.

lacón street en La Galiciana

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies