займ срочно

Compostela, 25 de agosto do 2018 – Esta semana abría as portas La Galiciana, o primeiro mercado gastronómico de Galicia con 16 propostas culinarias nun só espazo.

La Galiciana recupera as antigas naves da Ferretería Villaverde, na rúa Gómez Ulla; moitos aínda lembran con nostalxia as enormes estanterías que se levantaban cara o teito cheas de todo tipo de pezas. O proxecto converteu aqueles escuros corredores nun campo da festa a cuberto, cheo de luz e que, pese ao tamaño, resulta acolledor. Os 16 espazos gastronómicos están situados nos laterais deixando o centro as longas mesas de madeira, a modo dunha polbeira de calquera romaría galega. Non falta un pequeno escenario polo que irán pasando nos próximos meses distintos artistas.

O mercado coidou os pequenos detalles e un xeito de coñecelo é buscalos. Desde as sillas desemparelladas, como nunha comida familiar, ata as texturas das distintas paredes, pasando polo uniforme dos que atenden Segredos de Galicia, feitos a man e coas facianas de escritores senlleiros como Castelao ou Rosalía. Hai un espazo tamén para os artesáns e por el irán pasando cada 15 días artistas como  aeito complementos que estrea este apartado. La Galiciana invita a pasear polo mercado pero será difícil non acabar probando algo, xa sexa o arroz de croca e pementos de Padrón de Le Petit Tamboril, o sushi da Iraxai Taberna ou as croquetas de batata de Veggie Carmen, sen esquecer as cervexas artesás de Beer Craft, local impulsado por Estrella Galicia, os viños do Pisauvas ou os cócteles de Grolos Garga.

Aeito Complementos

Os socios

La Galicia foi imaxinada hai dous anos e conta na actualidade con catro socios, Benigno Sánchez, Fernando Fraga, Edelmiro Santamaría e o probablemente máis coñecido Eduardo Berizzo, ex adestrador do Celta de Vigo e actualmente no Athletic de Bilbao.

Benigno Sánchez

Lindeiros.gal falou con deses socios o día da inauguración para os medios. Benigno Sánchez explicábanos como naceu a idea a volta dunha viaxe a Londres

Para sacar a diante o proxecto visitaron moitos mercados similares en toda Europa, que como Sánchez explica, dividíanse en dous modelos

Tiveron desde o primeiro momento que o negocio tiña que ter unha imaxe de marca moi definida, así xurdiu, entre outros moitos, o nome da Galiciana, de orixe cubano e que lembra as épocas dos chamados mercados de coloniales e a emigración

Benigno recoñece ser un bo comedor e amante das carnes, aquí tivo a oportunidade de probar a comida asiática e agora espera ir probando todo o que eles ofrecen

Eduardo Berizzo

Eduardo Berizzo

Eduardo Berizzo foi unha das últimas incorporacións a sociedade. Como bo arxentino non escatima en palabras e explícanos que foi unha idea que se transformou nun soño que pasou a ser un desafío e terminou sendo afortunadamente unha realidade

O adestrador quédase co coidado dos detalles, cando viu o resultado, despois de non poder visitar as  obras por distintos motivos, quedou abraiado e eloxia o traballo realizado

Recoñécese como un comedor desordenado, amante da comida rápida e aquí, ao igual que Benigno, descubriu a xomida xaponesa. Para el, como pai, ten a virtude de poder levar aos fillos e saber que todos encontrarán algo que comer

Un proxecto para o centro de Compostela

O primeiro día abriron as portas por primeira vez membros da corporación. Agustín Hernández polo Partido Popular, Gonzalo Muiños do Psoe e a concelleira de Mercados Noa Morales que nos explicaba o importante da iniciativa para esta zona da cidade

Tamén é importante a recuperación de vellos espazos que a concelleira considera que acabará por retroalimentar a toda a zona

De esquerda a dereita: Gonalo Muiños, Agustín Hernández, Noa Morales, Concelleira de mercados falando con Eduardo Berizzo e Benigno Sánchez

Un futuro por descubrir

La Galiciana é posiblemente o proxecto máis interesante dos últimos anos, en canto a restauración se refire, non só en Compostela senon en toda Galicia xa que é o primeiro de estas características. O segundo abrirá en outono e tamén en Compostela, o Mercado de Bonaerges no Restollal, que sendo un modelo de negocio parecido terá posiblemente particularidades moi distintas.

Os primeiros comentarios despois de dúas inauguracións, unha para familiares e amigos e outra para medios e profesionais, son moi positivos, queda agora por ver como o recibe o público en xeral e como evoluciona unha proposta tan innovadora e que, sen duda, non está pensada só para Compostela se non para recibir visitas de toda a bisbarra.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”90″ exclusions=”1250,1251,1252,1253,1254,1258″ sortorder=”1260,1249,1262,1264,1259,1265,1266,1255,1257,1256,1261,1250,1251,1252,1253,1254,1258,1263″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies