La Macana presenta Pink Unicorns en Compostela

0

Compostela, 8 de marzo do 2019 – A nova creación da compañía La Macana, Pink Unicorns, preséntase este sábado, as oito e media da tarde, no Teatro Principal de Compostela.

O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de poñer en escena a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa ampla experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis achegado. Por outro lado, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheno de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva ‘millennial’ co seu querido pai.

Pink Unicorns é unha coprodución da compañía, AGADIC, Theater Im Pumpenhaus (Alemaña), Theater Bremen (Alemaña) e as Residencias de creación da  Fundación Luis Seoane (A Coruña). Foi estreada en setembro do ano pasado no Theater im Pumpenhaus.

A dirección artística corre a cargo de Caterina Varela, Samir Akika e Alexis Fernández e a peza está interpretada por Alexis Fernández e Paulo Fernández.

Na parte visual o deseño de espazo foi de Tilo Schereieck, a iluminación de Alfonso Castro e dirección de produción foi tamén de Caterina Varela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial