займ срочно

La soledad de Wally no Teatro Principal de Compostela

0

Compostela, 26 de abril do 2019 – Catro pezas de danza urbana cunha temática común, iso é La Soledad de Wally que as oito e media de esta tarde poderase ver no teatro Principal de Compostela.

La soledad de Wally presenta o sorriso dunha estraña, compartir unha lasaña de espinacas, espertarse cun berro de bos días, unha aperta. Cando as relacións sociais son indispensables para as persoas e a ausencia delas ten consecuencias tan negativas, por que é tan difícil admitir que nos sentimos sós?

WATER: Un cuarto, unha muller, o fluír dos seus pensamentos e un intento de saída. Observar movemento desde a quietude desexando que forme parte dela mesma

IMPERMEABLE: (substancia) que non permite o paso da humidade, a auga ou outro líquido (persoa) Que é indiferente a una emoción ou sentimento.

PROTOCOLO: Canta realidade atopas nas túas relacións? Cantas veces falas sen sentir e cantas veces sentes sen falar?

PIPAS AL AIRE: A que idade deixamos de xogar? Xogar, xogar e xogar, para crear, para compartir, para ser, para crecer e para crecer aínda máis.

O espectáculo foi creado, dirixido e esta interpretado por Sabela Domínguez e Julia Laport. O deseño de iluminación é de Sabela Ramos. O vestiario de Kaylighe Reid de “Gzell Designs”. A fotografía de Iria Casal e a música de Adrián Vidal, Miguel Thomas e Iago Blanco.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies