Lalín rematou o ano con máis de medio cento de actuacións de accesibilidade

0

Lalín, 2 de xaneiro do 2018 – O 2017 foi o ano da aposta pola accesibilidade no concello de Lalín, cun bo número de actuacións encamiñadas a mellorala en toda a vila.

O concelleiro de Obras, Francisco Vilariño e o membro do colectivo Working Wheels, Álex Ferradás, realizaron un encontro informativo para facer balance das accións postas en marcha durante o último ano e medio no marco dun plan para favorecer a accesibilidade no municipio de maneira integral. ç

Vilariño dixo que “Desde o Goberno local déronse grandes pasos para conseguir o obxectivo de que Lalín se converta no municipio galego da nosa categoría máis accesible. Con esta finalidade activamos numerosas liñas de actuación para introducir importantes melloras, principalmente, en materia de urbanismo, pero tamén en mobilidade e acceso aos servizos municipais, sempre contando coa participación de axentes sociais como Working Wheels a quen lle agradecemos enormemente a súa implicación”.

O concelleiro fixo un resumo das principais actuacións executadas na segunda metade de 2016 e en 2017 dentro do plan de accesibilidade, tanto a través de medios propios, coa brigada de obras, como a través de contratos con empresas privadas. Boa parte das intervencións tiveron como finalidade eliminar barreiras arquitectónicas e adaptar as beirarrúas aos pasos de peóns de maneira que non representen un obstáculo para as persoas con problemas de mobilidade e o resto dos cidadáns, así como arranxar beirarrúas con desprendementos de lousas que supoñen unha incomodidade e un perigoso obstáculo para os transeuntes. Non obstante, tamén se desenvolveron numerosas intervencións en aras de mellorar a accesibilidade a edificios e espazos públicos ou co obxectivo de facilitar o estacionamento das persoas con mobilidade reducida.

Francisco Vilariño sinalou que a inversión en materia de accesibilidade realizada polo Concello en ano e medio alcanzou os 154 mil euros, polo que xa se superou a cantidade inicialmente prevista para o programa deseñado en colaboración con Working Wheels (150  mil euros).  Con todo, destacou que a liña de traballo seguirá sendo a mesma ata final de mandato, “pois somos conscientes de que que a pesar do grande empurrón dos últimos tempos, quedan cousas por facer” e fixo fincapé, novamente en que “este traballo de integración non só favorece ás persoas con discapacidade ou limitacións na mobilidade, senón ao conxunto da poboación”.

Pola súa parte, Álex Ferradás agradeceulle ao Concello tanto a posibilidade de poder colaborar neste proxecto como o traballo realizado neste ano e medio de actuacións a prol da accesibilidade, lembrando que “o plan de mobilidade deseñado co Concello debe quedar completado o ano que vén”. A este respecto apelou á colaboración da cidadanía “para detectar carencias e trasladarllas ao Concello ou á nosa asociación, porque a accesibilidade beneficia a toda a sociedade, non só ás persoas con discapacidade e, entre todos, seguiremos mellorando neste sentido”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial