Lalín continúa coa mellora da accesibilidade no casco urbano

0

Lalín, 6 de abril do 2017 – Lalín xa ten sobre a mesa un novo proxecto de actuacións e reparacións relacionadas coa accesibilidade no casco urbano que dá continuidade ao programa de mobilidade elaborado en colaboración con Working Wheels iniciado o ano pasado.

O concelleiro de Obras de Lalin, Francisco Vilariño, vén de anunciar unha serie de novos traballos en aras de mellorar a accesibilidade aos que se destinarán nesta nova fase uns 32.000 euros. Estes fondos proveñen da reinversión de parte das baixas de diferentes proxectos xa executados pertencentes ao Plan de Concellos 2016. Esta partida súmase á investida nos últimos meses do 2016 cando se destinaron 20.000 euros a melloras en 15 puntos diferentes de Lalín, así como aos numerosos traballos que foi desenvolvendo a brigada municipal de Obras para eliminar barreiras arquitectónicas.

Unha das fases principais deste proxecto -que exemplifica as demais tarefas- desenvolverase na rúa da Corredoira. Este víal interurbano foise dotando de beirarrúas conforme ían aumentando as edificacións, mais como daquela non existían normativas sobre accesibilidade, na actualidade os plataformas peonís desta área incumpren maioritariamente os postulados vixentes sobre esta cuestión e presentan bordos rectos e carencias de ramplas de acceso. Porén, co obxecto de conseguir que as beirarrúas se adapten á normativa executaranse diferentes accións, que consistirán na reparación de pavimentos e reposición de lousas rotas, afundidas ou en mal estado, así como na colocación de pezas novas naquelas zonas onde falten.

Por outra banda atópase a necesidade de crear continuidade naquelas beirarrúas con entronque de rúas de maneira que exista unha accesibilidade continua. Para conseguir este obxectivo realizaranse rebaixes de bordos e crearanse ramplas de unión coas que se eliminarán os escalóns actualmente existentes. Outra das actuacións que se levará acabo correspóndese coa necesidade de crear un paso de peóns á altura do número 68 da rúa Corredoira debido á gran distancia que hai entre os dous actuais e coa finalidade de facilitar o cruzamento. O proxecto tamén comprende a retirada de diferentes sinais e elementos verticais que inciden negativamente na libre circulación de peóns.

Francisco Vilariño fixo fincapé en que con estes traballos Lalín “vai ser todo un referente en materia de mobilidade” e lembrou que “a accesibilidade é un dereito de todos e non un privilexio duns poucos”. Ao mesmo tempo engadiu que “a integración non só favorece ás persoas con discapacidade ou limitacións da mobilidade, senón que facilita o día a día e a convivencia de toda a poboación”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies