Lalín afronta a humanización da rúa Calzada

0

Lalín, 12 de marzo do 2019 – O concelleiro de Obras de Lalín, Francisco Vilariño, anunciou unha actuación na rúa Calzada que remodelará de maneira integral esta vía con  fin de humanizala.

O investimento na rúa Calzada chegará aos 145.377,48 euros. Acometeranse tanto a reconstrución das beirarrúas de ambas marxes, como a reposición do firme e a mellora dos sumidoiros, os servizo e os sistemas de abastecemento.

Francisco Vilariño, visitou a mencionada rúa acompañado do director de obra, Carlos Durán e indicou que esta actuación foi moi solicitada polos veciños e que a remodelación dará paso a unha rúa moito máis atractiva e cos servizos mellorados. Ao mesmo tempo, o titular de Obras puxo de manifesto que a intervención responde ao compromiso e á firme aposta do Goberno municipal por mellorar as rúas céntricas e cunha alta densidade poboacional, así como con alta actividade comercial. O edil tamén lembrou que nesta materia o Concello está realizando un esforzo sen precedentes en Lalín grazas ao que se vai transformar o centro da vila mellorando completamente a súa imaxe e facendo os espazos urbanos máis atractivos, de maneira que se beneficie a veciños e comerciantes e, ao mesmo tempo se incrementan as condicións de accesibilidade, mobilidade e seguridade viaria. Este proxecto complementa os xa postos en marcha nas rúas Pintor Colmeiro, Xesteira, Vidal Abascal e Calvo Garra, así como para o acondicionamento integral das rúas Alcalde Ferreiro, Memorias dun Neno Labrego e Monte Faro. A actuación sairá a licitación nas próximas semanas.

 A rúa calzada conta cunha lonxitude de 150 metros e un ancho de 12. Dispón dun carril para a circulación nun só sentido así como de dúas zonas laterais de estacionamento. As beirarrúas son estreitas e están na súa maior parte en mal estado de conservación, con plaquetas rotas e afundidas. Do mesmo xeito o firme da estrada presenta importantes carencias e diferencias de continuidade que é preciso solucionar. Así, as actuacións a realizar comprenderán o levantado das actuais beirarrúas e a posterior colocación de novas lousas rectangulares e do bordo de formigón. O proxecto contempla o seu ancheamento para mellorar as condicións de mobiblidade peonil e de accesibilidade, dando paso a beirarrúas de 3 metros de ancho e deixando unha soa marxe de estacionamento de 2,5 metros e un carril de circulación de 3.  Por outra banda repararase por completo o firme de aglomerado previa retirada dunha capa de 5 centímetros do existente para evitar que a rúa gañe espesor. Finalmente e, ao tratarse dunha actuación de carácter integral, o proxecto inclúe a mellora dos colectores de saneamento de pluviais e dos sumidoiros, así como das redes de eléctricas e dos sistemas de telecomunicacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial