займ срочно

Lalín presenta o bus do Cocido en ruta

0

Lalín, 14 de xaneiro do 2018 – Lalín ven de presentar o Bus do Cocido, unha iniciativa promocional patrocinada por GADIS, e que conta coa colaboración de ABANCA e COREN, permitirá difundir os atractivos turísticos de Lalín, o Camiño de Inverno e a 50 edición da Feira do Cocido por diferentes vilas de Galicia e Castela e León nas vindeiras semanas.

O Bus do cocido iniciará un percorrido que nos vindeiros días lle levará a visitar as vilas de Tui, Moaña, Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras, ou as cidades de Ponferrada e Santiago de Compostela. En concreto o bus estará o día 16 de xaneiro en Tui, o día 20 en Moaña, o 24 en Monforte de Lemos, o 25 en Ponferrada, o 29 no Barco de Valdeorras e rematará o seu itinerario en Santiago de Compostela o día 31, antes de regresar a Lalín na fin de semana da Feira do Cocido.

Aproveitando as sinerxias que ofrece a Feira do Cocido o vehículo converterase nunha completa oficina turística móbil que, grazas á súa versatilidade e características facilitará o desenvolvemento dunha intensa campaña de promoción de toda a oferta turística de Lalín, pasando pola gastronómica, a comercial, a hostaleira, a cultural, a paisaxística e natural ou a patrimonial e histórica, entre outras. Nesta ocasión, farase especial incidencia na difusión do Camiño de Inverno, que é un dos dous que pasa por Lalín. É a máis nova das rutas xacobeas oficiais e, en consecuencia, unha das menos coñecidas para o público, o que fai necesario incidir de maneira especial na súa promoción para dala a coñecer e incrementar así o número de peregrinos que fan de Lalín non só lugar de paso, senón tamén de estancia no seu camiño a Santiago de Compostela. Por outra banda, cómpre salientar que o Concello de Lalín aprobou por unanimidade no Pleno do pasado 1 de decembro a súa adhesión á Asociación de Municipios do  Camiño de Inverno a Santiago, que ten entre os seus fins a protección e promoción desta ruta xacobea.

O Bus do Cocido constitúe xa unha marca de identidade de Lalín e a súa Feira. Trátase dun autobús tipo inglés ou clásico de dous pisos, con cociña incorporada e espazo para a realización de difusión turística, presentacións, actos e degustacións. Grazas á mobilidade, versatilidade e dimensións que posúe este vehículo, garántese a actividade de difusión turística de Lalín en xeral e da Feira do Cocido e o Camiño de Inverno, en particular. O autobús vai rotulado co escudo de Lalín e o lema “Lalín, un interior único”, tamén contará con todo o material de promoción turística e cultural do Concello (rueiro, todos os folletos sobre os diferentes atractivos turísticos de Lalín) e unha pantalla de televisión para a emisión dos diferentes videos promocionais do municipio, entre outros recursos.

Tamén disporá dos elementos promocionais sobre as actividades da L Feira do Cocido, así como dos pins e cartelería do evento. Ao mesmo tempo -e tendo en conta a importancia da nosa gastronomía como factor diferencial da oferta do municipio- o feito de que conte con cociña propia tamén propiciará o desenvolvemento de actividades puntuais e degustacións que permitirán poñer en valor a elevada calidade da nosa hostalería e aos novos valores da cociña lalinense. Finalmente, as posibilidades que ofrece o vehículo servirá para levar unha ampla mostra do produto feito en Lalín, complementando de maneira ideal a campaña de promoción “Se é de Lalín é bo”, así como en xeral a oferta comercial do municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies