Lalín cede espazos públicos para grafitti

0

Lalín, 21 de febreiro do 2019 – O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo de Lalín, Nicolás González Casares, acompañou  aos mozos e mozos que coa autorización do Concello están realizando grafitti nos muros da praza superior do aparcamento público Aldea Grande.

Como sinalou “ante gran cantidade de rapaces e rapazas que practican esta actividade en Lalín e a demanda recibida, decidimos poñer á súa disposición muros libres como os da praza Aldea Grande e posteriormente valoraremos outros espazos do casco urbano, para que poidan realizar os seus grafitti de forma legal”.

Os espazos para pintar e as diferentes realízanse de maneira pactada co Concello. A iniciativa busca por un lado embelecer os espazos urbanos de zonas como a Praza Aldea Grande onde se ubica un parque infantil, unha cancha multideporte e un módulo de parkour e, por outro, promover esta arte urbana facilitándolle á mocidade que a practica os espazos adecuados. Tamén é importante destacar que o desenvolvemento deste tipo de murais reduce considerablemente as accións vandálicas consistentes na realización de pintadas en espazos públicos e privados que ensucian os espazos e o mobiliario urbano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial