Lalín con gusto celebrarase a fin de semana do 23 e 24

0

Lalín, 14 de marzo do 2019 – A Praza da Igrexa acollerá a terceira edición de Lalín con gusto os próximos días 23 e 24, organizada polo Concello a través da Concellaría de Turismo.

Lalín con gusto foi presentado polo responsable do departamento municipal, Francisco Vilariño, que estivo acompañado dos cociñeiros, restauradores e nutricionistas participantes, así como de representantes da empresa encargada de instalar o escenario.

O obxectivo do evento é poñer en valor os valores da cociña local e da hostalería, así como os produtos da máxima calidade de Lalín. A presente edición será dedicada ao leite, dada a importancia do sector no municipio. A esencia, tal e como explicou Vilariño, manterase nesta edición, respaldando aqueles aspectos que fixeron de Lalín con Gusto un éxito xa nos primeiros anos, pero realizando unha maior aposta polas actividades paralelas que, con obradoiros e música serán un atractivo inmellorable para a fin de semana.

En esta terceira edición participarán 9 restauradores e baristas locais que desenvolverán as súas propostas en parella e que se sumarán a un chef convidado, neste caso, Luís Veira, do restaurante “Árbore da Veira”. Trátase de Xan Martínez (Café A Lareira), Ana Buján (Restaurante asturiano), Álex Iglesias (Restaurante Cabanas), Diego López “Moli” (Restaurante La Molinera), Patricia Galego (A Cunca), Belén López (Árbore da Veira), Alberto González (Casa Currás) e Diego López Dapena (Escola de Hostalería de Sober). Así mesmo participará o embaixador de Mahou Beltrán vázquez. Por outra banda os nutricionistas lalinenses, Vanessa Taboada, Maximo Gioiello e Elisa García desenvolverán os talleres de nutrición infantís para os que é preciso realizar unha inscrición previa.

A aposta pola música este ano é moi importante e Lalín con Gusto contará coas actuacións de Eladio y los seres queridos, Andrés Suárez, que ofrecerá un concerto acústico, a banda “Alberto & García” e o grupo infantil, Magín Blanco e a banda das apertas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial