Lalín dotará a parroquia de Zobra cun sistema de depuración natural

0

O modelo que se aplicará en Lalín, ademais de ser respectuoso co medio ambiente, permitirá reducir custes en mantemento e enerxía, con respecto aos sistemas convencionais.

momento da firma en LalínLalín, 25 de outubro do 2016 – O alcalde de Lalín asinou  o contrato para dotar á parroquia de Zobra dun sistema natural e respectuoso co medio ambiente de depuración de augas residuais, que dará servizo ao proxecto de saneamento que se executará nesta localidade. Trátase dun modelo de tratamento absolutamente innovador que será creado pola empresa SedAqua, que mantén esta patente totalmente galega desenvolvida por investigadores da Universidade da Coruña (UDC). O importe de adxudicación é de 59.870 euros.

Esta Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) alcanza unha excelente purificación mediante a creación de humedais artificiais con plantas autóctonas das que xurdirán os microoganismos encargados de eliminar os residuos. Porén, ademais de ser máis respectuosa co medio ambiente e o entorno, xa que non precisa do uso de axentes químicos, pode chegar a permitir un aforro de ata o 50% con respecto aos sistemas convencionais. Isto débese, tal e como explicou Rafael Cuíña, a que necesita un mantemento moito menor, por non producir apenas lodos, reducíndose este á comprobación periódica de tubaxes e arquetas. Así mesmo o gasto en enerxía redúcese con respecto ás depuradoras tradicionais entre un 80 e un 90%, debido a que practicamente non precisa bombeos. Outras vantaxes desta EDAR son a nula xeración de cheiros e a súa perfecta integración na paisaxe.

“Zobra conta cunha  enorme singularidade e cuns valores patrimoniais, paisaxísticos e ambientais extraordinarios, polo que este sistema é, sen dúbida, o máis apropiado, xa que reducirá ao mínimo o impacto das augas residuais na zona, integrarase na paisaxe e preservará a saúde medio ambiental do entorno e, en particular dos seus ríos ”, explicou Rafael Cuíña. Os veciños e veciñas de Zobra, que coñeceron en visitas organizadas este modelo de depuración -xunto coa concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso- xa cederon os terreos nos que será instalada a depuradora. A intención do Goberno de Lalín é a de implantar sistemas de depuración respectuosos co medio ambiente no rural, “máis cando se detectaron tantos problemas no funcionamento das vellas depuradoras instaladas polo anterior goberno”.

O alcalde insistiu en que o saneamento para a parroquia de Zobra “é un dos máis ambiciosos e ilusionantes dos que levaremos a cabo ao longo deste mandato en busca da dignificación do rural e, en particular, desta localidade, á que queremos sacar do século XVII”. Neste sentido afirmou que “a pesar da súa complexidade, no Concello cumprimos os nosos compromisos e temos a plena confianza e a seguridade absoluta de que o poderemos sacar a diante con éxito, contando tamén coa inestimable boa disposición dos veciños de Zobra”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial