Lalín e Adeixa organizan o Star Dance Galicia 2019

0

Lalín, 22 de abril do 2019 – Os próximos 27 e 28 Lalín acollerá o evento de danza Star Dance Galicia 2019 que organiza o concello xunto con Adeixa.

O Star Dance Galicia ten xa máis de 500 inscritos. Por Lalín pasarán máis de 20 escolas e grupos de danza do norte de España e Portugal ademais do Studio Paulim procedente de Sao Paulo en Brasil.

Esta edición consolida o evento como pioneiro en Galicia e no que participan o maior número de grupos portugueses. Conta cun dos xurados máis profesionais e representativos e consegue o obxectivo de estimular o traballo e a creación de escolas de danza do Eixo Atlántico.  

O encontro terá distintos workshops impartidos no Lalín Arena e concederá, asociadas aos premios, 15 becas de formación en centros de Portugal, España e Italia.  

Adeixa, Asociación de Danza do Eixe Íbero Atlántico, agradece a colaboración do concello e a recepción dos veciños do concello por terceiro ano consecutivo. Moitos dos hoteis xa teñen o cartar de cheo xa que as escolas e grupos teñen a cita xa fixada no calendario e aproveitan, en moitos casos, a vir coas familias e facer algo de turismo.

Os organizadores tamén agradecen o esforzo das escolas de danza locais, Scene Ballet e Máisquedanza que foi ademais a que recibiu o premio a mellor escola na última edición.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial