Maruja Mallo e Luís Seoane protagonistas dunha exposición en Lalín

0

Lalín, 13 de xaneiro do 2020 – O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou no Museo Ramón María Aller de lalín  na inauguración da mostra Creacións máxicas de medidas exactas, Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires (1936-1965).

A exposición está comisariada por Antón Castro e organizada polo Concello de Lalín co apoio da Xunta de Galicia. Ofrece a todo aquel que se achegue a este centro museístico unha escolma de 43 obras, 18 de Maruxa Mallo e 25 de Luis Seoane, ganduxada cun rigoroso discurso museográfico sobre o período arxentino de ambos creadores.

Lalín exposición Maruja Mallo Luís SeoaneO titular de Cultura afirmou que se trata de dous dos principais artistas galegos de todos os tempos. Ao respecto, referiuse ás orixes bonaerense e viveirense de Seoane e Mallo, respectivamente, para a explicar que “se ben todos temos un lugar de nacemento, só uns poucos son patrimonio do mundo. Este é o caso destes dous galegos excepcionais”.

Ademais, Román Rodríguez destacou que esta mostra, que estará aberta até o vindeiro 13 de marzo, foi impulsada co gallo da celebración da que será a 52ª Feira do Cocido, á que se referiu como “unha das principais citas turísticas e de promoción gastronómica, non só de Galicia, senón de España”. E concluíu a súa intervención afirmando que a mostra supón “un extraordinario aliciente cultural e artístico para feira deste ano”.

Lalín exposición Maruja Mallo Luís Seoane

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial