A Feira do Cocido de Lalín xa é Festa de Interese Turístico Internacional

0

Lalín, 24 de xaneiro do 2020 – O alcalde de Lalín, Xosé Crespo anunciou en Fitur a consecución pola Feira do Cocido da distinción de Festa de Interese Turístico Internacional.

Crespo recibiu a comunicación do galardón para a Feira do Cocido da Secretaria de Estado de Turismo na presentación do xeodestino Deza-Tabeirós-GDR Pontevedra, que tivo lugar na Feira de Turismo Internacional que se celebra en Madrid.

A primeira gastronómica

Xosé Crespo fixo fincapé en que “hai moitas -Festas de Interese Turístico Internacional- Semanas Santas, algunha como a Rapa das Bestas e varias de viños como a de Cambados, pero no que se refiere á  gastronomía só a nosa; por iso somos a primeira. Polo tanto sentímonos moi orgullosos dese honor; é un día moi especial de satisfacción para o Concello de Lalín, levamos moitos anos traballando pola internacionalización do Cocido, antes de ser Festa de Interese Turístico Nacional xa estabamos traballando para que fose Internacional; xa hai vinte anos que comezamos, así que temos a satisfacción do deber cumprido e un bo colofón”, remarcou.

A Feira do Cocido de Lalín xa é Festa de Interese Turístico InternacionalPola súa parte, o conselleiro de Cultura e Turismo, defendeu que “o Cocido de Lalín é máis que un prato de comida, é un elemento de desenvolvemento que xera moita actividade económica e emprego e que tamén identifica a un pobo”, sostivo.

Así mesmo Román Rodríguez destacou o Cocido como “elemento referencial” da gastronomía galega porque a súa influencia “aínda que se celebra só nun concello como tal, chega ao conxunto dos municipios das comarcas e me atrevería a dicir de toda Galicia”. “Hoxe temos unha noticia moi positiva primeiro para Galicia, segundo para Pontevedra Norte e terceiro e moi concreta, para Lalín”, dixo. “A Feira do Cocido de Lalín  vén de dar un paso cualitativo espectacular, vai ser declarada xa Festa de Interese Turístico Internacional”, incidiu.

A distinción de Festa de Interese Turístico Internacional supón o máximo recoñecemento que se pode acadar no eido turístico algo que ata o de agora só conseguiron 11 celebracións en toda a Comunidade galega. Cómpre destacar ademais que a Feira do Cocido de Lalín convértese na primeira festa gastronómica en acadar este recoñecemento en toda España.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial