Esta semana comeza a humanización do entorno do parque Joaquín Loriga en Lalín

0

Lalín, 7 de agosto do 2017 – A semana pasada asinouse a adxudicación das obras de humanización da rúa Matemático Rodríguez na zona comprendida entre a Praza da Torre e o parque de Joaquín Loriga.

Como explicou o concelleiro de Urbanismo e alcalde en funcións, Nicolás González Casares, foron 3 as empresas de Lalín que realizaron ofertas para facerse con estes traballos que foron adxudicados, finalmente, á empresa Taboada e Ramos por un importe de 115.143 euros (IVE incluído), sendo esta a oferta máis vantaxosa das recibidas. Esta previsto que as actuacións dean comezo durante esta semana co obxectivo de que estean rematadas para a celebración das festas patronais das Dores, aínda que non se pode asegurar ao 100% debido ás posibles continxencias da obra.

González Casares aproveitou para informar de que, aínda que se agarda causar as mínimas molestias posibles, o inicio do proxecto de humanización provocará restricións no tráfico ao seu paso por esta vía. Calcúlase que a rúa quedará pechada definitivamente ao paso de vehículos a partir da semana que vén no momento no que se habilitará sobre a calzada unha capa de formigón. Non obstante o peche anunciarase coa debida antelación. Este material precisa un amplo período de repouso, de modo que a prohibición de circulación se estenderá durante unhas 3 ou 4 semanas. Así, o tráfico será desviado por rúas alternativas e, entre as medidas que se tomarán para garantir unha circulación o máis fluída posible, durante este tempo as rúas Principal e Joaquín Loriga non se peonalizarán durante as fins de semana co obxectivo de que o tránsito non se vexa completamente alterado.

A finalidade principal das actuacións é a da humanización “poñendo en valor un dos puntos neurálxicos da vila, situado a poucos metros do Quilómetro 0 e da nova biblioteca e xusto entre a Praza da Torre e o parque de Loriga, adoquinando o treito con pedra tipo gris alba”.

Este novo deseño tamén permitirá aumentar o potencial de desenvolvemento social e comercial da zona. A mellora non implicará cambios nin cortes no tráfico rodado xa que a circulación de vehículos por esa rúa seguirá sendo como na actualidade. O novo deseño, moito máis versátil, facilitará peches nas fins de semana ou noutras ocasións puntuais do treito para desenvolver actividades de dinamización ou levar a cabo iniciativas como a Algarabía, que se celebra tradicionalmente nesta zona.

A actuación levará consigo a colocación dunha placa de bronce no centro do espazo empedrado que fará referencia aos soutos e fragas do concello de Lalín.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies