Lalín inaugura o obradoiro “Rivero Social Lalín”

0

 Unha iniciativa destinada aos desempregados de Lalín

lalin-inauguracion-obradoiro-emprego-normal-8-octubre-2016_rLalín, 08/10/2016 – O concello de Lalín ven de inaugurar o obradoiro de emprego “Rivero Social Lalín”.  Esta iniciativa vai permitir a contratación de 20 persoas desempregadas maiores de 18 anos de idade e servirá para levar a cabo as actuacións de acondicionamento de seis vivendas de titularidade municipal, que serán destinadas a fins sociais. En canto aos alumnos, 12 deles adicaranse á especialidade de albanelería e outros 8 á de carpintería. Ademais, tamén supuxo a contratación do correspondente persoal directivo e docente: 1 director, 1 titor e 2 expertos-docentes (un por cada especialidade).

Este proxecto de emprego e formación, co-financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten unha duración de 6 meses e ofrece ao alumnado traballador participante unha cualificación profesional para mellorar a súa empregabilidade e facilitar a súa posterior inserción laboral. Neste sentido, o Goberno considera que esta iniciativa é extraordinariamente positiva xa que permitirá seguir implementando o desenvolvemento de políticas sociais e de fomento do emprego, ambas unha prioridade para o Goberno de Lalín.

Dúas son as especialidades formativas que se van a impartir:

1. Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, con 12 participantes. Esta especialidade capacitará aos participantes para preparar os soportes para realizar revestimentos con morteiros, pastas e pinturas, executar enfoscados e guarnecidos, aplicar imprimacións e pinturas, e realizar labores auxiliares en obra.

2.  Instalación de elementos de carpintería, con 8 participantes. Esta especialidade capacitará aos participantes para realizar as operacións de planificación, montaxe, axuste e acabado das instalacións de elementos de carpintería: Portas e ventás; Revestimento de madeira e derivados en solos, paredes, teitos e armarios; Instalación de estruturas de madeira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial