Lalín licita o proxecto de saneamento de Vilar do Río

0

Lalín, 1 de abril do 2019 – O concello de Lalín ven de sacar a concurso os proxectos de depuradora e saneamento para a aldea de Vilar do Río en Bendoiro.

O contrato vén de se publicar na Plataforma de Contratacións do Estado e divídese en dous lotes. O primeiro, cun orzamento de 51.955 euros, inclúe a dotación da aldea de Vilar do Río cunha depuradora con mecanismo de depuración natural. O segundo, de 49.970 euros, afecta ao saneamento da localidade. En ámbolos casos as cantidades económicas proceden do Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra. Tras a publicación da oferta, as empresas interesadas en concorrer teñen un prazo de 20 días naturais para presentar as súas ofertas.

A nova depuradora funcionará a través dun modelo de tratamento innovador que consiste na creación de humedais que depuran as augas residuais a través das plantas que crecen nel. Porén, é máis respectuosa co medio ambiente e o entorno, xa que non precisa do uso de axentes químicos e, ademais, alcanza un aforro de mantemento superior ao 50% con respecto aos sistemas convencionais grazas a que os gastos de mantemento se reducen. O gasto en enerxía redúcese con respecto ás depuradoras tradicionais entre un 80 e un 90%, debido a que practicamente non precisa bombeos. Outras vantaxes desta EDAR son a nula xeración de cheiros e a súa perfecta integración na paisaxe.

Como se establece nos pregos técnicos, co proxecto de saneamento crearase a rede de saneamento de augas residuais no centro de Vilar do Río na parroquia de Bendoiro, que permitirá evacuar estas augas ata o seu punto de descarga, na planta de depuración natural que se instalará no mesmo núcleo. O aspecto principal a ter en conta para o deseño foi a economía de medios para tratar de aproveitar o orografía do terreo, evitando o bombeo e procurando que a rede funcione por gravidade. Para iso, na elaboración  do proxecto estudouse detalladamente a topografía do núcleo para deseñar a rede e a súa vertente final en función das súas características. O plan de obra inclúe a demolición de firmes e pavimentos e a escavación de canles para conformar o asento das diferentes tubaxes e conducións do saneamento. O proxecto contempla a posterior reposición de firmes tanto nas zonas pavimentadas como nas cunetas por onde se efectuarán as canalizacións, para evitar o arrastre de terras debido á excesiva pendente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial