займ срочно

Lalín cambia as luminarias nas rúas D, Alcalde Ferreiro e Pintor Colmeiro

0

Lalín, 20 de outubro do 2017 – O concelleiro de Obras de Lalín, Francisco Vilariño, anunciou o comezo do proxecto de substitución de 22 puntos de luz antigos de vapor de sodio por luminarias tipo LED nas rúas D, Alcalde Ferreiro e Pintor Colmeiro.

Con esta iniciativa o Goberno vai mellorar substancialmente a calidade do alumeado nas citadas vías urbanas pero, ademais, vai conseguir un aforro enerxético superior ao 60 por cento con respecto ao anterior sistema. Un aforro, que como explicou o concelleiro, será consecuencia, non só da considerable redución da potencia, senón tamén dun menor gasto de mantemento debido á longa vida útil das novas luminarias.

lalin luminariasCon todo, o novo sistema de iluminación permitirá que as rúas D, Alcalde Ferreiro e Pintor Colmeiro estean moito mellor iluminadas que na actualidade, “tanto en cantidade como en calidade, pois ata o día de hoxe quedaban zonas a escuras e tiñamos comprobado que o nivel de iluminación era inferior aos mínimos establecidos pola normativa”, explicou Vilariño. A mellora tamén é debida, entre outras cuestións, a que os novos modelos ofrecen unha iluminación regulada que permite evitar o deslumbramento e así crear un ambiente urbano máis confortable e seguro.

O Goberno realiza unha achega 17.000 euros para este proxecto, aínda que está previsto  que o aforro enerxético redunde nun retorno do investimento en pouco tempo

As vías “pola súa ubicación totalmente céntrica, así como pola súa alta actividade comercial e densidade poboacional,”, contan, en palabras do concelleiro, “cunha relevancia especial dentro da trama urbana”. Neste sentido, apunta que se vai levar a cabo “un cambio substancial que permitirá paliar a deficiente iluminación que sufrían, outorgándolle, porén, grandes vantaxes aos residentes, que incrementarán a súa calidade de vida, así como ao tecido comercial, que poderá ver aumentada a súa actividade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies