займ срочно

Lalín aplica as medidas restritivas ditadas por sanidade (14/09/2020)

0

Bisbarra, 14 de setembro do 2020 – Sanidade impuxo restricións en Lalín despois dunha semana continúa de incrementos de casos e aparicións de gromos en distintos espazos.

A consellería considera que a situación é de alto risco xa que o nivel de contaxios é moi alto na vila. O Decreto publicado o pasado venres, e que entrou en vigor desde a media noite do sábado, indica que Lalín é o concello máis afectado da comarca en casos como en tasa de incidencia entre a poboación. O informe indica un dato moi preocupante como é que cada persoa pode estar infectando a outras dúas facendo crecer a transmisión moi rapidamente.

Tamén preocupa a alta incidencia no rango de idade entre os 15 e os 29 anos. En esta poboación danse máis casos asintomáticos o que sumado a que as interaccións sociais son maiores aumenta o risco de transmisión do virus.

Como xa sucedera en outras vilas as medidas céntranse na limitación de persoas en reunións, que non poderán exceder de 10 nas reunións privadas ou vías públicas, e as limitacións de aforo ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería; así como a redución en celebracións, velorios e lugares de culto.

Lalín aplica desde onte as medidas restritivas ditadas por sanidade (14/09/2020)

As cifras por concellos que facilitaos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

A área sanitaria Santiago Barbanza vai pouco a pouco ralentizando a curva de contaxios. Nas últimas horas diminuían os casos activos en 9, pasando de 679 a 670. Concellos como Ordes, Melide, Negreira, Santa Comba ou Silleda entre outros estabilizan o número de casos a espera de que as altas vaian rebaixando as cifras.

Ao mesmo tempo que se dou esta baixada, o número de casos ingresados no clínico aumentaba en cinco pasando de 28 a 33. As vindeiras semanas serán decisivas para saber si os gromos son controlados ou pola contra aparecen novos contaxios. O uso de mascarilla, a limpeza de más e o distanciamento físico entre persoas seguen sendo as mellores medicinas para previr o Coronavirus.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies