Lalín  creará un novo espazo verde na zona de monte da pena

0

Lalín manterá a estrutura natural do lugar, dotándoo, simplemente, de accesos e sinalizacións adecuadas. A actuación permitirá poñer en valor elementos etnográficos e patrimoniais como un muíño ou a coñecida como tumba celta

Lalín habilita novo espazo verde en Monte da PenaLalín, 13 de novembro do 2016 – O Concello de Lalín ten proxectada a creación dun novo espazo verde no entorno do coñecido como Monte da Pena, unha área que se atopa á beira da Rolda Leste, nas proximidades do centro comercial Deza e do lago do Pontiñas.

Neste punto hai un predio de propiedade municipal en práctico desuso, que só se emprega en ocasións para probas deportivas de motor. Porén, tal e como explicou o concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, a intención do Goberno “é crear neste punto un novo espazo de lecer para o disfrute de toda a cidadanía, mediante o acondicionamento da parcela facéndoa accesible e humanizándoa”. Non obstante, indica Casares, “non se vai modificar de xeito relevante a estrutura natural do lugar, senón que se tratará de conservar a súa esencia instalando, simplemente, sendas e accesos adecuados, colocando sinalización e coa posibilidade de dotar a zona máis elevada do predio dun mirador de madeira”.

Este proxecto está enmarcado dentro do denominado Cinto Verde de Lalín, que contempla a creación dun corredor verde que una os extremos do Paseo do Pontiñas, recorrendo o perímetro do casco urbano, aproveitando camiños xa existentes e outras conexións viarias mediante unha mínima actuación física. O Cinto Verde de Lalín está proxectado dentro das actuacións que contempla a estratexia Lalín Ssuma21, que recentemente foi seleccionada para ser dotada con 5 millóns de fondos europeos para o desenvolvemento de diferentes proxectos de natureza urbana e social. O concelleiro tamén explicou que con esta actuación se vai poñer en valor e dar a coñecer a zona do Rego das Cabirtas anterior á súa desembocadura no lago do auditorio. Trátase -comenta- “dun espazo natural moi próximo ao casco urbano que conta con fermosas sendas e elementos etnográficos de gran valor como un muíño e unha tosta pertencente á antiga captación de auga de Lalín, que servirán como novos atractivos para o conxunto do corredor verde”. “Así mesmo”, engade, “trataranse de adecuar accesos cara o túmulo funerario ubicado no alto do Monte da Pena coñecido como tumba cel

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial