займ срочно

Lalín organiza unha xornada sobre agroturismo

0

Lalín, 16 de abril do 2019 – O Concello de Lalín, a través da concellería de Turismo, organiza o vindeiro sábado, día 27 de abril, na Casa das Minas de Zobra, unha xornada sobre agroturismo.

Esta xornada sobre o agroturismo estará centrada no deseño de iniciativas a partir de explotacións gandeiras en silvopastoreo. A inscrición ábrese o luns e a actividade é  completamente gratuíta. Hai dispoñibles un total de 25 prazas. Para participar é necesario inscribirse previamente na oficina municipal de turismo, a través do teléfono 666430458 ou do correo electrónico infoturismo@lalin.gal.

O programa de actividades é o seguinte:

09.30 horas. Alianzas do Turismo Rural. Hospedaxes rurais e actividades na súas contorna.

10.30 horas. O porco celta e o silvopastoreo: novas oportunidades.

16.30 relato da experiencia silvopastoril no Monte comunal de Carballo (Friol), todo un exemplo a seguir.

O sector de turismo rural atópase nun momento crucial cunha oferta que no para de medrar nos últimos anos da man dunha transformación do medio rural onde se asenta. Así a aposta por iniciativas de calidade son unha grande oportunidade para o agroturismo e para aumentar a oferta turística rural na que Lalín garda unha enorme potencialidade. A xornada busca dar a coñecer iniciativas e reforzar os lazos de colaboración entre as diferentes propostas que aposten pola consolidación do agroturismo como produto turístico de calidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies