займ срочно

Lalín outorga os XXI Premios da Gastronomía na modalidade “Toda unha vida…”

0

Lalín, 24 de xaneiro do 2017 – O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña presidiu o xurado encargado de decidir os merecedores dos XXI Premios da Gastronomía de Galicia na modalidade “Toda unha vida dedicada a…”.

O xurdo contou, ademais do alcalde, coa presenza do subdirector do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Luis Sierra Rial.  Tamén estiveron presentes os representantes das asociacións “Amigos da Cociña Galega”  José González Soya e Argentino Aguíar, Marta Vázquez, directora do C.I.F.P Compostela, José Martínez Vidal do Club Gastronómico Rías Altas, Alfredo Castrelo, da Asociación Gastronómica Xantares, José Luís Iglesias, membro do Eurotoques, Leira e Xantares, José Antonio Rivera, delegado en Galicia de Eurotoques, Miguel Ángel Campos e Manuel García da Asociación Nove Grupo Gastronómico e Davinia Rielo e Diego López en representación da hostalería local.

En esta edición os premios da modalidade “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especialmente destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas foron para Elisa Sánchez Crespo do Restaurante O Moderno de Oza dos Ríos (A Coruña), Dolores Piélago do Restaurante Guardia Ríos de Baralla (Lugo), Antonio Gómez do Restaurante Novaíño de Piñeira de Arcos (Sandiás-Ourense) e María Diéguez do Restaurante Casa Sánchez de Rodeiro (Pontevedra).

Francisco Javier Corral Amoedo do Restaurante Veiramar Arcade recibiu o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da Cociña Galega en Galicia e Jesús García do Restaurante Alabaster de Madrid ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega fóra de Galicia.

Tamén foi recoñecido o C.I.F.P Compostela como empresa ou entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e Leche Bohal-Granja Romero levou o premio ao Pequeno Produtor Galego.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies