Lalín fala de reciclaxe coa historia dunha nena e a súa avoa

0

Lalín, 29 de xaneiro do 2018 – Lalín presentou Castro Tecnolóxico a nova campaña de fomento da reciclaxe posta en marcha en colaboración coa empresa Lalín Sostible. Na comparecencia participaron a concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso e o xefe de servizo de Lalín Sostible, Miguel Touriño.

A iniciativa ten como base un pequeno vídeo elaborado por Andrea Vázquez de “Mírame mírame” e vai dirixida principalmente ao fomento da reciclaxe no entorno rural, que é onde se detecta un maior problemática en torno a separación dos residuos. Porén, o corto é protagonizado por unha nena que acaba ensinándolle á súa avoa en que colector hai que depositar cada material para unha correcta reciclaxe e busca, como explicou a concelleira, “a través da figura dunha cativa que xa sabe como se recicla, chegarlle ao corazón á xente máis maior e convencela da necesidade de reciclar e de coidar o medio ambiente”. “Deste xeito”, prosegue, “pretendemos concienciar a cidadanía sobre a reciclaxe dun modo máis amable, porque nos estamos dando conta de que falar da ordenanza e ameazar con sancións non serve para nada”.

Alonso fixo fincapé en que a cidadanía debe concienciarse de que “os colectores non son caixas máxicas nos que metes o lixo e este desaparece, senón que os residuos levan parella unha complexa xestión na que debemos colaborar todos, máis cando en pouco tempo as directivas europeas imporán contundentes sancións ás entidades que non reciclen adecuadamente”.

O vídeo foi rodado integramente nunha parroquia de Lalín e vaise divulgar principalmente polas redes sociais, ademais de levarse ao rural nas iniciativas que se desenvolvan para fomentar a reciclaxe.

Finalmente a concelleira lembrou que o concello paga a Sogama ata 78 euros por tonelada de lixo procesada, o que alcanza uns 500.000 euros anuais de gasto para o Concello de Lalín “que ao final saen do peto de todos os lalinenses”. Porén, “é sumamente importante cambiar o chip e empezar reciclar ben” insistiu, “para reducir a cantidade de lixo enviada á planta de tratamento de Sogama, porque ademais de beneficiar o medio ambiente, un concello de 20 mil habitantes como o de Lalín non pode soster un gasto tan elevado en tratamento do lixo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies