Lalín recupera a fonte de A Vila na parroquia de Xesta

0

Lalín, 10 de xuño do 2019 – O concello de Lalín acomete os traballos de posta en valor da fonte de A Vila, na parroquia de Xesta, incluídos no galardón de Aldea Singular 2018.

A fonte de A Vila atopábase en moi mal estado de conservación, pero sempre mantivo o fluxo de auga, incluso en épocas de moita seca. Trátase un manancial con moita historia e moi querido polos veciños e veciñas no que posiblemente beberon moitas bestas dos arrieiros despois de facer a viaxe ao Ribeiro en busca do viño e outras mercadurías. Así mesmo, na Vila foi onde finou “O Naranxo” e dende este lugar ata a igrexa parroquial de San Fiz foi o cortexo fúnebre levando o humilde cadaleito que foi soterrado no adro da igrexa sen que haxa unha lápida que o recorde a pesar de ser o “Rei do Mundo”. Porén, a petición dos veciños e veciñas, nesta fonte tamén se colocou unha placa na honra ao Naranxo.

Por outra banda, dentro das actuación incluídas na distinción Aldea Singular, instalouse unha pía para a fonte do peregrino cun deseño acorde coa súa finalidade. A Xesta é lugar de paso do Camiño de Santiago no itinerario denominado comunmente “Vía da Prata”, polo que é moi frecuente ver aos peregrinos pasando pola parroquia. A Asociación de Veciños San Pedro Félix da Xesta impulsou a creación dun punto de auga para uso dos peregrinos e o pintado dun mural artístico con motivos xacobeos, que coa creación da pía do peregrino queda completo. Así mesmo, o Concello de Lalín tamén colocou taboleiros de anuncios en cada lugar da parroquia rotulados co nome de cada aldea.

A distinción Aldea Singular, que puxo en marcha o Goberno local, está dotado cun premio de 15.000 euros para a candidatura gañadora que se deberán investir en actuacións que redunden beneficiosamente ao conxunto de veciños. Foi unha iniciativa enmarcada dentro das medidas de promoción e recuperación do rural que tivo moi boa acollida durante o mandato e que se encaixou nas actividades relacionadas coa Feira do Cocido en substitución da encomenda do cocido.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial