Lalín rehabilitará a área mineira da Trigueira

0

Lalín, 2 de maio do 2019 – O Concello de Lalín rehabilitará a área mineira da Trigueira grazas a unha achega da Xunta de Galicia ao abeiro da orde de subvencións para a rehabilitación das infraestruturas turísticas do medio rural.

O imorte recibido é de 31.365 euros que se complementará cunha nova partida municipal ata alcanzar os 48.254 euros e será destinada a rehabilitar e poñer en valor os elementos de interese etnográfico da área mineira coñecida como As Trigueiras, en Zobra.

A iniciativa levarase a cabo a través da concellería de Obras e Turismo que dirixe Francisco Vilariño e en colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Zobra. Precisamente este colectivo cedeu temporalmente para tal fin a superficie na que se atopa a área mineira co obxectivo de que poida ser recuperada do mal estado no que se atopa.

O obxecto das actuacións proxectadas é a posta en valor dun espazo natural no que antigamente destacaban numerosas concesións mineiras dedicadas a explotación de diversos minerais. As minas da Trigueira son unha oportunidade extraordinaria para viaxar no tempo e na memoria dun lugar que presenta a súa historia estreitamente vinculada coa minería. O seu rico patrimonio xeolóxico, natural e industrial convérteas nun espazo único no que os visitantes poderán disfrutar dunha paisaxe de singular beleza ao tempo que se poderá mergullar en como podería ser a vida e o traballo da poboación mineira dende finais do século XIX ata mediados do XX. A recuperación e posta en valor do espazo é, polo tanto, unha invitación a participar dunha iniciativa turístico-cultural aberta a todas as persoas que buscan alternativas de ocio diferentes e enriquecedoras.

A actuación principal que se vai acometer é a rehabilitación da antiga central hidroeléctrica, localizada como  punto de interese preto do sendeiro homologado de Zobra e que na actualidade se atopa en estado ruinoso. Debido á importante historia deste emprazamento, tanto en termos paisaxísticos como xeolóxicos, preténdese  poñelo en valor como recurso turístico dentro dunha zona que xa conta cun potencial moi grande. Para recuperar o valor do espazo realizarase unha restauración da edificación existente, na que unicamente se van conservar os cerramentos da mesma e consolidar a edificación para o seu posterior uso e instalaranse elementos informativos para o visitante. Comezarase pola restauración dos muros exteriores de pedra con materiais existente no lugar, favorecendo  así a conservación do aspecto orixinal. Para rematar os traballos preténdese instalar sinalización turística con sinais direccionais e carteis informativos de madeira para facilitar a interpretación da historia xeoloxico-mineira do lugar, ademais de servir como potenciador da senda de Zobra, moi próxima á edificación. Na vella central construirase una solado de pedra para favorecer a accesibilidade e rematarase coa instalación de carpintarías de madeira e a formación dun teito, novamente con materias propios da zona. O prazo de execución unha vez comezadas as obras será dun mes aproximadamente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial