Lalín remata o novo pavimento da senda peonil da rolda leste

0

Lalín, 4 de marzo do 2019 – O Concello de Lalín vén de finalizar os traballos para dotar a senda peonil, construída en 2017 no treito da Rolda Leste, dun novo pavimento conformado a base de formigón impreso.

O concelleiro de Obras, Francisco Vilariño, supervisou o final da actuación e explicou que con este proxecto se conclúe a execución da senda peonil rematada cunha segunda fase que buscou incrementar as súas condicións en materia de accesibilidade. En palabras do concelleiro, esta intervención ten unha importancia especial xa que mellora de xeito moi considerable as conexións peonís dunha zona escolar, onde se sitúa o colexio Xesús Golmar, o IES Ramón Mª Aller e o Conservatorio, así como outras zonas deportivas, uníndoa coa zona de lecer formada polo paseo do Pontiñas, coa rúa Areal e sendo un punto de acceso empregado por moita xente para chegar ao Centro Comercial Deza.

A obra tivo un orzamento de 46 mil euros e consigue crear unha vía peonil totalmente accesible e de grande potencial, incluso para o paseo dos viandantes, servindo, ao mesmo tempo, de punto de unión entre varias zonas de especial importancia dentro vila. Vilariño tamén puxo de manifesto que a actuación permite seguir avanzando en materia de accesibilidade e seguridade viaria, eliminando barreiras arquitectónicas e permitindo os desprazamentos a pé seguros nestes espazos urbanos de enorme importancia dentro da cabeceira municipal. Francisco Vilariño lembrou que a iniciativa tamén se enmarca dentro do ambicioso plan do Goberno local para lograr que Lalín se converta nun referente a nivel galego en materia de mobilidade e accesibilidade. Finalmente destacou que con este proxecto se beneficia a toda a poboación, posto que se mellora a mobilidade viaria e se favorece o tránsito peonil seguro en zonas de especial importancia pola súa situación estratéxica no casco urbano.

Este treito da Rolda Leste presentaba a inicio de mandato un pavimento de terra en malas condicións, con fochancas, herbas, arbustos e maleza que dificultaba o paso de peóns. Posteriormente foi dotado a través da brigada de obras cunha capa de xabre para facelo máis accesible e, nesta última fase finalizouse a actuación  cunha importante intervención mediante a que se lle aplicou á senda peonil un pavimento a base de formigón liso que a converte nunha infraestrutura completamente accesible e que mellora moito a mobilidade a pé por esta zona.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial