Lalín, Rodeiro e A Golada compartirán o Centro de información ás Mulleres

0

Lalín, 25 de marzo do 2019 – O Concello de Lalín vén de renovar o convenio de colaboración cos concellos de Rodeiro e Agolada para a prestación conxunta do Centro de información ás Mulleres.

A concelleira de Muller e Igualdade, María  Jesús Sánchez, indicou que este acordo serve para definir as principais liñas de actuación conxunta para a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do Centro de información ás Mulleres (CIM), do que o Concello de Lalín é titular dende o ano 2002. Desta maneira actívase por quinto ano consecutivo a prestación compartida deste servizo. O Cim é atendido por dúas técnicas, unha asesora xurídica e unha psicóloga en horario de 08.00 a 15.00 horas de luns a venres, no andar baixo do concello de Lalín.

O cim é un servizo fundamental de asistencia integral ás mulleres vítimas da violencia de xénero e aos menores ao seu cargo do que pode facer uso calquera muller que estea a sufrir este problemática. Este servizo articúlase dende unha intervención global dirixida ás mulleres e proporciona asesoramento xurídico e atención psicolóxica, establecendo como carácter prioritario a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero e mulleres pertencentes a outros colectivos en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social, as actividades de prevención, información, asesoramento e loita contra a violencia de xénero, así como información e asesoramento ao colectivo LGTBI, tanto individual como ás asociacións que o demanden.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial