Treixadura Animará a 50 Feira Do Cocido Cun Concerto Na Praza Da Igrexa

0

Lalín, 10 de xaneiro do 208 – O grupo de música tradicional, Treixadura, actuará o vindeiro día 4 de febreiro en Lalín dentro dos actos da 50 edición da Feira do Cocido.

Treixadura é unha referencia na música popular galega e será a protagonista do serán o día no que a Feira cumpre as vodas de ouro. O concerto  desenvolverase na Praza da Igrexa a partir das 20.00 horas e o repertorio estará formado polos temas máis tradicionais do grupo así como outros novos. A actividade foi presentada no Museo Municipal coa asistencia do alcalde, Rafael Cuíña, o concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, o concelleiro de Novas Tecnoloxías e amigo persoal de membros do grupo, Tomás Vilariño, e os compoñentes de Treixadura, Toño Domínguez e Xurxo Raposo.

Francisco Vilariño abriu o acto de presentación indicando que o Concello de Lalín quixo contar na tarde da Feira do Cocido “cun grupo potente e acorde coa importancia que ten esta edición da Feira do Cocido e que responde ao que representa Treixadura,”. “Coa aposta por un grupo galego tan recoñecido e de tanta calidade” -engadiu- “dende o Goberno tamén buscamos que os milleiros de persoas que seguro que se van achegar pola mañá á Feira continúen na nosa vila despois de comer un cocido”.

Toño Domínguez e Xurxo Raposo agradeceron que o Concello de Lalín contase con eles para actuar nunha festa gastronómica de tanta relevancia como a Feira do Cocido. Ambos dixeron sentirse honrados polo convite e prometeron “un espectáculo que vai estar á altura e que vai responder ás espectativas postas en nós nunha cita tan sinalada”.

Pechou o acto de presentación o alcalde, Rafael Cuíña, sinalando que na xornada central da Feira “tamén buscamos propostas que simbolicen a noso país, a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa terra e consideramos que Trixadura está no primeiro nivel da “trincheira” na defensa de todos estes factores que queremos simbolizar”. Así mesmo, tamén apuntou que a celebración deste concerto responde ao obxectivo de buscar que a xente non marche despois dos actos centrais do festexo e que coma nos anos anteriores ateigue o pobo ata ben entrada a noite favorecendo a nosa hostalería e enchedo de ambiente Lalín.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies