Lanzouse a cuarta sonda Marumasat

0

Ordes, 29 de maio do 2019 – O IES Maruxa Mallo de Ordes,en colaboración cos centros educativos Miraflores (Oleiros), Marco Camballón (Vila de Cruces), Xelmírez II (Santiago), CPI Cruce (Cerceda) e IES Ferrol Vello, lanzou a cuarta sonda Marumasat.

A sonda Marumasat IV lanzouse unha vez máis desde o patio do instituto, onde se concentraron alumnado, profesorado e público asistente. Entre outros non faltaron Susana García e Indalecio Cabana, concelleira en funcións de Educación do Concello de Ordes e xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a provincia da Coruña respectivamente.

As rachas de vento rexistradas dificultaron o lanzamento tanto que ata o localizador e varias das cápsulas experimentais adheridas desprendéronse. Aínda así agárdase que se poida localizar unha vez caia a terra grazas a outros dispositivos que leva insertados.

Misión Einstein

A Misión Einstein, nome que recibe este novo proxecto, dá continuidade ao lanzamento das sondas estratosféricas MarumaSat I, II e III nas primaveras de 2016, 2017 e 2018. Nesta ocasión o obxectivo central é o rastrexo de raios cósmicos co fin de comprobar a teoría da relatividade especial estudando os muóns froito da descomposición da dita radiación.

Outras das finalidades desta viaxe son procurar un novo récord de altitude, a inclusión de sensores de O₃ e radiación UV, o estudo da velocidade de reprodución de seres unicelulares fóra da terra, a variación das propiedades organolépticas da auga, a sincronización co Sentinel, a medición do campo magnético terrestre, a xeolocalización por LoRa e GPS, o desenvolvemento dunha subcápsula de habitabilidade e a consecución de datos para emitir unha certificación de calidade do emisor TX_06.3.

Aquí tedes toda a información das anteriores sondas

Ciencia e poesía

A literatura suporá novamente un aspecto importante xa que á cápsula adheríronse os poemas vencedores do II Premio de Poesía Estratosférica asinados por Sandra Rodríguez Macía, Iria Álvarez Gómez, Nerea Ferreiro Leiro, Ánxela López Rey, Carme María Pampín Torres, Paula Pardo Taboada, María Seijo Delgado, Lucas Marino Lanza, Kenia Guadalupe Paulina Loaiza, Atenea del Río Rodríguez e Nuria Torres Novo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial