Lar Legido e amigos abre o Vía Sacra 5 Estrellas Fest

0

Compostela, 3 de xullo do 2018 – Este serán, seis e media, comeza o Vía sacra 5 Estrellas Fest que celebrará os concertos nas terrazas da Casa das Crechas e do Bar Cervantes.

LAR Legido é un dos mellores bateristas do panorama jazzístico estatal e forma parte de varias formacións de éxito, como Sumrrá. Toca a batería e outros obxectos sonoros, é investigador e performer. Fórmase desde moi novo no C.E.D.I. (Centro de Encuentro para el Desarrollo de la Improvisación, Madrid) no que será o seu principal foco de actuación e investigación: a improvisación, a música contemporánea e  electroacústica. Estuda na Berkelee College of Music de Boston onde é seleccionado para o “X Jazz Meeting” organizado pola International Association of Schools of Jazz. Ao longo da súa carreira colaborou con numerosos grupos e artistas, como Orquesta FOCO , S.E.M Big Band, Maruxa y Trío, Terela Grandin quartet, Abe Rábade Trío, Marcos Teira Cuarteto, Pin.Cirera.Legido.Martinez, Athanasopoulos, Mercedes Peón, Budiño, Marful, Z1C0…

Como pioneiro no movemento da improvisación libre en Galicia funda en 1999 o grupo Parto, onde a investigación sobre a arte sonora culmina coa creación do Aquófono, o Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro e a Orquesta de Música Espontánea de Galicia (O.M.E.GA).

Hoxe forma parte de grupos como Sumrrá, ao que o une unha longa traxectoria e unha ampla discografía, Iria Peña Trío, Jose Luis Gutierrez Quartet – IberJazz, Lupercal, 2M12 ou o dúo de improvisación libre xunto o pianista cubano Alejandro Vargas, co que acaba de recibir o Premio Especial CubaDisco 2013 pola grabación en conxunto del disco Miniaturas de Eugenio Granell.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial