займ срочно

Lar Legido e amigos na programación de xullo nas Crechas

0

Compostela, 2 de xullo do 2019 – O percusionista Lar Legido abre esta noite a programación do Vía Sacra Fest que organiza a Casa das Crechas no mes de xullo.

Lar Legido estará tamén os días 9 e 30, as seis e media da tarde, cambiando de formación, de amigos, en cada concerto. É unha das actuacións que forman o Via Sacra 5 estrelas Fest.

O Vía Sacra traerá o martes 16 ao Trío Dubhlin.  A vila de Dubhlinn, ou Doolin, na costa de Clare é a casa da música tradicional irlandesa. É onde a gaita local uilleann e o “auténtico gaiteiro” Blackie O’Connell; o ilustre acompañante do buzuki e destacado cantante de irlandés de folk que “fascina e entusiasma” Cyril O’Donogue; ademais do experimentado violinista de Cork, “unha cúspide da música acústica”, Eoghan Neff, unironsese para formar un trío de música de alto octanaje, caracterizado por unha improvisación salvaxe. Este é “Dubhlinn”.

 Os Enxebres de San Lázaro estarán mañá mércores día 3, o día 10 e o 17. Son unha formación de de música tradicional que conta cun repertorio instrumental e vocal Galego, baseado o nos coros históricos, e nos grandes interpretes de Galicia.

 O xoves 14 tocará Mauricio Caruso Trío. O guitarrista e compositor Mauricio Caruso vén cun trio tocando musicas que forman parte de súa carreira, con 7 discos lanzados. Para esta nova formación escolleu temas de súa traxectoria musical e algunhas releituras de Milton Nacemento, Gilberto Gil, que compón un repertorio ” afro-brasileiro”, pasando por ritmos variados da música brasileira e do oeste africano. O trio está formado por Caruso na guitarra eléctrica, española e cavaquinho, Reynier Aldana no baixo e Roi Adrio na percusión e batería. Con esta formación mesturando Brasil, Cuba e Galicia, traen unha sonoridade enérxica e potente.

 O xoves 18 será o momento de Tundra. Folk Group creado en 2008 por catro músicos Logroñeses procedentes de estilos como Rock, Jazz e Folk. Esta unión permítelles ofrecer un estilo novo e interesante. A variedade tamén chega aos instrumentos que usan, parte deles construídos a man por un dos seus primeiros compoñentes.

En 2012 obtiveron o 1º premio do concurso “Gota Music”, que lles permitiu gravar o seu primeiro álbum, titulado “Folk Acestro Sideral”. No repertorio viven as súas propias composicións, con espazo para a improvisación e adaptación personalizada de melodías e ritmos tradicionais desde calquera recuncho do mundo.

 Sesións Vermut

A Vía Sacra acollerá tamén unha serie de sesións vermut baixo o epígrafe “ven bailar a Via Sacra”. Os sábados 6 e o 13 a las 13:30h. estará Aldomir e os sábados 20 e o 27 a mesma hora Os da Porfía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies