займ срочно

A ordense Lara López, campiona galega de socorrismo

0

Ordes, 11 de febreiro do 2018 –  Parece que Ordes é un bo sitio para os éxitos deportivos xa que de cando en vez saen novas de medallas ou campionatos conseguido polos clubs da cidade, en este caso o galego de socorrismo.

A destacada actuación correspondeu a deportista local Lara López Fernández no Campionato Galego de Inverno de Salvamento e Socorrismo na categoría xuvenil.

Lara López, integrante do equipo xuvenil do club Sasa, proclamouse campiona galega na proba de 100 metros socorrista, campiona galega xuvenil en relevos 4×25 metros remolque de manequín e 4×50 metros combinada, e subcampiona galega en 100 metros remolque de manequín con aletas.

As probas tiveron lugar a pasada fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies