займ срочно

Laura Bugallo, na procura de xustiza

0

Unha tarde do mes de febreiro do ano pasado Lindeiros falaba con Laura Bugallo no noso xornal en papel. A un día do xuizo recuperamos aquela conversa que nos mostra á persoa que hai detrás dos titulares de prensa; unha muller implicada en buscar a xustiza en cada cousa que fai, a mesma que todos pedimos para ela.

Son moitos os colectivos que apoian a Laura, os medios de comunicación en ocasións teñen que posicionarse e por iso recuperamos esta entrevista. Lindeiros cre na inocencia de Laura Bugallo e súmase á petición de xustiza para esta loitadora.

Unha tarde do mes de febreiro do ano pasado Lindeiros falaba con Laura Bugalho. A un día do xuizo recuperamos aquela conversa que nos mostra a persoa que hai detrás dos titulares de prensa; unha muller implicada en buscar a xustiza en cada cousa que fai, a mesma que todos pedimos para ela. Son moitos os colectivos que apoian a Laura, os medios de comunicación en ocasións teñen que posicionarse e por iso recuperamos esta entrevista. Lindeiros cre na inocencia de Laura Bugalho e súmase a petición de xustiza para esta loitadora.

 Laura Bugallo, febreiro 2015.

O día que transcribimos esta entrevista coñecemos a noticia dunha adolescente transexual que decide suicidarse nos Estados Unidos e iso acheganos un pouco máis a Laura Bugallo e a súa loita permanente contra a exclusión social e a inxustiza.

Nacida en Compostela lembra a súa infancia como un tempo cheo de silencios

“teño boas lembranzas e de silencios, moitos silencios, de ser gran controladora de tempos de toda a xente que convivía conmigo e eu con ela para poder vivir Laura nos espazos e nos tempos, si, mudaría dalgúns colexios nos que estiven a violencia que se exercía sobre os diferentes e sobre todo mundo”.

O paso adiante para ser Laura foi probablemente a mellor escola sobre exclusión e integración “foi unha andaina vital de subidas e baixadas, cando Laura nace, cando nazo socialmente, non todo foi fácil, era un tema moi descoñecido; había valoracións de teóricas do feminismo que as mulleres trans eramos o último intento dos homes de inmiscuirnos no mundo das mulleres, e dicir que había moito que batallar e un pouco foi apoios que recibín de compañeiras que estaban dentro e fixeronme estar e gañar o espazo; non foi un regalo, foi un traballo e non individual, creo que colectivo”.

Ademais da loita por entrar no mundo feminista que entendía como seu, Laura tivo tamén que enfrontarse a moito do establecido en distintos ámbitos da sociedade “estaba a clave médica pero tamén a xudicial xa que era pelexar contra a Dirección Xeral de Rexistros e Notariado, en eses casos se non tes as cousas claras non tiras para adiante … son procesos que che quitan a pel a xiróns, son conquistas con complicidades moi lindas pero digamos que nada regalado”.

Laura Bugallo sufriu na propia carne o mal uso das ferramentas do estado; as súas denuncias de corrupción policial a levaron a ser denunciada por falsidade documental   no transcurso da operación Peregrino, para ela hai unha realidade hostil que algunha xente desexa que non sexa real eu creo que non é que a xente non vexa as inxustizas ou os acosos policiais, é evidente que hai xente que non o quere ver, pero a xente que o ve desexaría non velo porque a realidade é tan hostil que parece que si pisas sobre o chan non desexas ver que mais abaixo hai un submundo no que se moven certas forzas, os intereses mais escuros da política, os mais claros as veces cando te esnafras contra eles, e están tamén os corpos e forzas da seguridade do estado que eu sei que en algún caso poden estar pouco convencidas pero en todo caso obedecen ordes, como lle contestaba a un policía, o outro día nun desafiuzamento, non creo que recibades ordes de mallar na xente e en todo caso esas ordes non as comprendo.

Laura pensa que os vasos comunicantes de Torricelli non son de fluídos senón de persoas que están nas marxes da sociedade “hai unha comunicación que flúe con sinerxías, con ansias de crear rede; a soidade nas marxes, e estou falando das traballadoras do sexo, da xente inmigrante, da xente con VIH, da xente con hepatite C… toda esa xente nos encontramos porque nos vemos dentro da exclusión, porque nos tempos que corren con este goberno que temos, que padecemos, nos encontramos con moitas facilidades e crease aí unha rede que é perigosa porque a poden romper con denuncias falsas por exemplo”.

O traballo con emigrantes faise máis duro desde un pais como Galicia, no que a emigración está presente en cada casa; máis duro porque incluso cos nosos emigrantes temos reparos “pasaba con xente emigrante retornada, cando aínda non eran retornados senón que viñan de turismo; o día do patrón dicíaselles que ben que viñestes, e o día que dicían que volvían para quedarse a porta non estaba nin entreaberta, pechábase en moitos dos casos; iso é lastimoso para calquera de nos e é moi duro, algunha das compañeiras que teño agora vivindo en Latinoamérica son compañeiras que aquí foron ninguneadas, tamén polo sistema que temos aquí de mercado laboral “.

Laura recibiu recentemente  o premio Nicolás Salmerón  de Dereitos Humanos, no apartado de liberdades sexuais. o que supuxo un recoñecemento ao seu labor de todos estes anos. Está nun momento de cambio no que a pouco terá que decidir seguir aquí ou marchar para América Latina desde onde se lle reclama “estou nun momento de inflexión, pasan por min momentos de tomar decisións que a curto ou mediano prazo hai que tomar, pasan por min América Latina, pasan as invitacións de traballar alá, apetecibles e apetitosas, non tanto economicamente en canto á calidade humana que hai alá y a capacidade que teñen alí de proxección social. Aqui vendo o panorama, partidario e político en xeral, estamos nunha situación na que nos sobrepasaron os problemas, non somos capaces de ver que o inimigo é común e aí deberiámonos de xuntar, e ala iso si que está claro; en moitos países hai un reclamo de participación de que eu vaia para alá, este ano vou a ter varias oportunidades de estar en Brasil, en Guatemala, en Ecuador; estiven recentemente en Uruguai que seria a base desde a que pilotar toda América Latina, alí hai unha maneira diferente de ver o feminismo dun xeito máis amplo máis global, que xa lle chaman transfeminismo por si mesmo”.

A serenidade de Laura ao falar transmite a confianza que calquera necesita, a que necesita quen está nas marxes da sociedade; un espazo no que, por unhas razóns ou outras, todos estamos en certo modo; en certo modo todos somos Laura Bugallo nalgún momento.

Laura Bugalho Foto Loli Fernández @loli2fi

A situación dos movementos LGTB en América dista moito de ser a de Europa e iso é tamén unha razón para a loita de Laura “hai veces en que chega un goberno dunha fronte ampla, como pasou en Uruguai, que leva postulados de feminismo, i é tanta a febleza que un novo goberno pode mudar por completo a política  porque non hai algo que a asente de xeito que non sexa movible; hai realidades que son moito máis duras que as nosas, ser gay ou lesbiana nalgúns países é moito máis complicado que aquí, aquí en ese sentido temos un avance; alá hai outro tipo de traballo, moito máis colaborativo entre países, e non dun xeito definitivo pero pasar unha tempada alá pode ser moi san”.

#MoitasLaurasPrecisaEstePaís

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies