займ срочно

Lavacolla obtén a certificación en seguridade operacional da regulamentación europea

0

Compostela, 20 de agosto do 2017 – O Aeroporto de Santiago, Lavacolla,  acaba de certificarse de acordo coa regulamentación da UE, acreditando, desa maneira, o cumprimento da nova normativa comunitaria sobre seguridade operacional nos aeródromos de uso público.

A consecución deste certificado, co que culmina un proceso que requiriu un intenso traballo, avala a aptitude da infraestrutura e o seu persoal para xestionar operacións de transporte aéreo de conformidade coas normas técnicas de deseño e operación recollidas no Regulamento UE 139/2014.

A certificación implica melloras en seguridade operacional e o cumprimento de estándares técnicos internacionais. Ademais, avala a vixencia da nova normativa en todas as súas instalacións, sistemas, equipos, servizos e procedementos.

Con este documento, expedido pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), o Aeroporto de Santiago dá un paso máis na seguridade operacional e o cumprimento dos estándares técnicos internacionais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies