Lavacolla incorporará novos controis de seguridade e será o primeiro aeroporto en toda España en usalos

0

Compostela, 24 de maio do 2018 – O aeroporto de Lavacolla acolleu a sinatura dun convenio entre Concello, Xunta e Aena para a cesión dun espazo para unha nova oficina de turismo. O presidente de AENA, Jaime García-Legaz, aproveitou para anunciar que o aeroporto será o primeiro en usar os últimos modelos de controis de seguridade.

No acto de sinatura, celebrado en Lavacolla,  estiveron presentes a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; a directora xeral de Turismo, Nava Castro; o director de Aena, Jaime García-Legaz; o director do aeroporto compostelán, Ricardo López; e o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodríguez.

Novos controis de seguridade e nova rotulación de Lavacolla

O presidente de AENA, Jaime García-Legaz, anticipou na súa intervención que en próximas datas o aeroporto incorporará os últimos modelos de control de seguridade e que será o primeiro da rede española en usalos. García-Legaz explicou tamén en que momento está o cambio de nome polo de Rosalía de Castro

100 metros cadrados para información turística

Grazas a este convenio, Turismo de Santiago e Turismo de Galicia contarán cunha nova oficina máis ampla e moderna no vestíbulo do aeroporto, na zona de chegadas. A oficina, deseñada polo arquitecto Óscar Lopez Alba, de Ola Estudio, ocupará un espazo aproximado de 100 metros cadrados e estará recuberta de madeira de castiñeiro.

Este convenio é froito do traballo levado a cabo durante o último ano por parte do Concello, Xunta e Aena e da colaboración institucional entre as dúas administracións e a empresa pública.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial