займ срочно

Cando a finais do pasado 2018 o cociñeiro británico Jamie Oliver poñía chourizo nunha paella non sabía en que xardín se metía. O arroz admite todo pero hai liñas vermellas que non se poden pasar, no Tamboril coñecen á perfección o territorio que pisan despois de 13 anos traballando con este produto.

Le  Petit Tamboril é a versión para A  Galiciana de O Tamboril, un restaurante no que Cristóbal Rey conseguiu un bo número de clientes fieis ao longo dese tempo, el mesmo explícanos como nace o local e o nome

O éxito fixo que moitos amigos preguntásenlle porque non abrían outro local pero nunca quixeron crecer se iso supoñería sacrificar o trato familiar. A  Galiciana supuxo unha oportunidade de abrirse ao turismo nun local moderno e máis próximo ás súas ideas

O novo espazo supuxo tamén un reto, ofrecer o mesmo nivel de calidade e servizo nun espazo moito máis reducido

Cristóbal Rey

Oíndo a Cristóbal falar dos arroces máis demandados un dáse conta do absurdo da proposta do cociñeiro británico do que falabamos ao comezo

O afeccionado ao arroz quere arroz. Esta  obviedade vén a conto porque ao pouco de comezar a traballar os clientes querían levar á mesa as paelleiras, algo imposible por seguridade e que os obrigou a buscar unha alternativa

Pero non se quixeron conformar co arroz. Cristóbal pensaba que un local como A  Galiciana tiña que ter marisco e buscaron a fórmula que lles permitise seguir dando o mellor e dunha forma eficiente

O cociñeiro

Hai tantos clientes como arroces e Jesús Vázquez sábeo. É o cociñeiro de Le  Petit Tamboril e explícanos que é un produto que gusta a todo o mundo precisamente por esa diversidade

Pero mesmo nesa variedade podemos atopar un nexo común, o produto galego e a cociña de tempada

Jesús Vázquez confírmanos dous dos pratos máis demandados e fálanos un pouco máis das súas características

[ngg src=”galleries” ids=”106″ display=”basic_slideshow” pauseonhover=”0″ arrows=”1″ transition_style=”slide”]

O cociñeiro tivo o seu propio reto nesta aventura, un espazo moi reducido que obriga a ter moi clara a forma de traballar e unha boa carteira de provedores que che fornezan cada día

Non se pode deixar pasar a oportunidade de preguntar onde está o truco, o noso cociñeiro non dúbida: o caldo

Le  Petit Tamboril, como todos os locais da  Galiciana, é algo  único. Non se trata só de ofrecer un bo produto, a experiencia consegue neste local ese sabor imposible de transmitir con palabras. Se sumamos que reunirse ao redor dun arroz é un acto social, unha escusa para compartir e gozar, temos unha razón perfecta para acudir. Pero ademais o arroz pode ser un momento de paz nun longo día. O cliente solitario ten aquí un argumento para achegarse á  Galiciana e deixar fora as preocupacións, cando salga seguirán alí pero o sabor no padal tamén e iso xa ninguén llo poderá quitar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies