займ срочно

#ocontononpara e outros modos de pasar a corentena (I)

0

O Festival Atlántica ven de por en marcha a iniciativa #ocontononpara grazas a que veremos na rede algúns dos contacontos que estaba previsto que actuaran, un xeito moito mellor de pasar a corentena.

Como eles mesmo din #ocontononpara quere contribuír ” a alixeirar a corentena que se está a vivir no país. Por iso, haberá historias para todos os públicos: contos para nenos e tamén para maiores”.

Xa podedes disfrutar cun conto do venezolano Rubén Martínez e un punto de baile do galego Luís Prego, pero vanse engadir as historias de moitos máis artistas, como Sandra Araguas (Huesca), Fernando Saldaña (Salamanca), Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil), Carolina Rueda (Colombia), Noelia Carioca (Salamanca), José Luis Gutiérrez “Guti” (Zamora) ou Sofía Maul (Madeira, Portugal), por citarmos algúns. Tamén haberá historias de contadores galegos como Pablo Díaz, Raquel Queizás, Charo Pita, Celso Sanmartín, María da Pontragha, Cris de Caldas ou Dani Blanco.

 

Máis que facer

Vendo o esforzo do Atlántica quixemos procurar algunha cousa mnáis que podades visionar na casa e unha das primeiras recomendacións e moi interesante. A xente de Chevere ten unha web con moitos vídeos das Ultranoites pero ademais podedes descargar e ver Citicen ao completo

http://redenasa.tv/es/

Este é un exemplo dos vídeos das Ultranoites

 

Para os máis cativos Monicreques de Kukas ten un canal en Youtube moi interesante e que seguro que sorprende aos pequenos

https://www.youtube.com/user/monicrequeskukas/videos

Se sodes máis de clásica a Real Filharmonía ten algúns audios na súa web aínda que é certo que se votan en falta concertos completos

http://www.rfgalicia.org/es/escuchar

Si preferides o folk é imprescindible que visitedes o canal de Actos Management. Ten moitísimos vídeos de festivais como Ortigueira ou Lorient

https://www.youtube.com/user/ActosPro/videos

E por si en algún momento queredes brincar en serio vos deixamos o enlace aos vídeos do Resurrection Fest, unha das mellores cousas que lle pasou a Galicia en canto a música

https://www.youtube.com/user/ResurrectionFestTV/videos

 

Por suposto tamén vos deixamos a dirección do canal de Lindeiros onde atoparedes un pouco de todo

https://www.youtube.com/channel/UCmhAKpvJfscH2Z_DLC-w_Mg

Se queredes aportar recursos temos un correo redaccion@lindeiros.com e un teléfono +034604074957 a vosa disposición.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies