Leira, en Ordes, celebrará o XXVI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais

0

Ordes, 20 de xullo do 2018 – Son xa vinte e seis anos de reunións de grupos de danzas rexionais e o 2018 non ía ser unha excepción, a cita volve este domingo a parroquia de Leira en Ordes.

Encontro de Grupos de Danzas RexionaisO campo da feira de Leira será o escenario para o XXVI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais. Como cada ano ao mediodía haberá comida campestre para todas e todos os participantes, tendo lugar o espectáculo propiamente dito dende as 18 ata as 20 horas aproximadamente.

Ao encontro este ano acudirán as seguintes formacións: Agrupación Folclórica Inquedanzas (Tui, Pontevedra), Nosa Terra de Mos (Pontevedra), Sementes da Arte Galega (Beade), Arume (Beade), pandeireteiras A Volta do Demo (Beade, Vigo), Pinga de Troula (Frades), Sementes da Arte (Ordes) e a Asociación Folclórica Cultural Veciños de Leira (Ordes), organizadora do evento en colaboración co Concello de Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial