Leo Bassi ten a súa propia historia con Santiago, algo que continuará escribindo o próximo día 19. Quixemos falar con el sobre o seu persoalísimo xeito de facer humor, ao tempo que remove conciencias, e a súa relación con Compostela que foi portada dos xornais hai seis anos cando Conde Roa decidiu prohibir un dos seus espectáculos.

Leo Bassi fala das dúas facianas da súa relación coa cidade, a boa xa que ten un montón de amigos, e a mala xa que sempre lembra todo o que pasou

Seis anos despois as cousas no canto de mellorar parece que van a peor, a censura que en aquel momento foi rexeitada por case que todo o mundo hoxe existe non so no teatro se non na prensa, na música ou incluso nos títeres

Leo Bassi ven dunha familia que leva 170 anos dedicada ao circo. Recentemente a súa irmá descubriu que nunha das primeiras películas dos irmáns Lumiére aparecía un antepasado seu. O papel de Bufón que representa no seu novo espectáculo non variou en este tempo pero mudou, según o artista, de forma que hoxe un rapero pode exercer ese papel

Falamos sobre como se pasa dunha sociedade na que os circos pegaban carteis para anunciarse nas vilas, algo que é viviu en primeira persoa, a un mundo no que as redes sociais son base fundamental da promoción e difusión. Bassi explica que o bufón, e os circos, eran sempre os primeiros en aproveitarse das novas correntes e dos avances científicos

Nos comezos da súa traxectoria en solitario a sorpresa, o escándalo en ocasións, serviu para que un público curioso e, as veces, morboso acudira aos seus espectáculos. Co paso do tempo da a sensación que ese espectador foi mudando cara a un que o respecta e que lle profesa un certo cariño

O próximo día 19 Compostela non só recibe a unha parte da historia do teatro e do circo, recibe tamén a un amigo. Antes estará, o día 18, en Ourense, e despois, o 20, en Culleredo, o 21 en Vimianzo e o 22 en Burela.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies