займ срочно

Leonardo Sbaraglia, un dos  Premios Cineuropa 2017

0

Compostela, 30 de outubro do 2017 – Leonardo Sbaraglia será un dos premiados no Cineuropa 2017 ademáis do protagonista de algunha das proxeccións.

Corría 1986 cando un adolescente Leonardo Sbaraglia debutaba no filme La noche de los lápices , do director arxentino Héctor Olivera . Facíao para pór corpo e voz a Daniel, un dos rapaces detidos e torturados tralas protestas estudantís acontecidas en Bos Aires en 1976 durante a ditadura de Videla. Dende aquela primeira aparición até a actualidade, a traxectoria interpretativa de Sbaraglia suma máis de trinta anos, cincuenta longametraxes e vinte traballos televisivos que dan conta do intenso traballo e a notoria versatilidade do actor porteño. En 2017, estrea dous filmes de suspense, Nieve Negra, de Martín Hodara, e El otro hermano, de Israel Adrián Caetano, polo que vén de ser premiado como mellor actor no Festival de Cine de Málaga.

Nesa longa andaina interpretativa, Leonardo Sbaraglia traballou con grandes directores do cinema arxentino, como Marcelo Piñeyro, con quen rodou Tango feroz: la leyenda de Tanguito (1993), Caballos Salvajes (1995), Cenizas del paraíso (1997), Plata quemada (2000) e Las viudas de los jueves (2009); Eliseo Subiela, que o dirixiu en No te mueras sin decirme adónde vas, (1995); Carlos Galettini , no título Besos en la frente (1996); Eduardo Mignogna, co que realizou Cleopatra (2003) ou Luis Puenzo en La puta y la ballena (2004). O actor aterrou en España en 2001 para protagonizar Intacto, ópera prima de Juan Carlos Fresnadillo. Ese filme fíxoo merecedor do Goya ao mellor actor revelación e converteuno nun dos actores imprescindibles tamén na escena estatal. Nela, traballou con cineastas de renome como Vicente Aranda en Carmen (2003); Gerardo Vera, en Deseo (2002); Rodrigo Cortés, en Concursante (2007), ou Cesc Gay, en Una pistola en cada mano (2012) e protagonizou auténticos tour de force xunto a actores e actrices do talle de Fernando Fernán Gómez -nese filme a reivindicar que é En la ciudad sin límites, de Antonio Hernández-, Héctor Alterio, Norma Aleandro, Darío Grandinetti ou Max Von Sydow.

Alén da entrega do Premio Cineuropa a Sbaraglia, programada o martes 14 de novembro ás 20 h no Teatro Principal, o festival distingue a traxectoria e o labor deste intérprete mediante a proxección de dous dos seus traballos máis recentes. No te olvides de mí, ópera prima de Fernanda Ramondo que Sbaraglia protagonizou en 2016, será exhibida ese mesmo día ás 16.30 horas nunha sesión que contará coa presenza do actor. Logo da entrega do premio, xa á noitiña, o teatro acollerá tamén o pase de El otro hermano, de Adrián Caetano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies