займ срочно

Leonardo Sbaraglia recolle o Premio Cineuropa

0

Compostela, 14 de novembro do 2017 – Este martes preséntase intenso en canto a citas cinematográficas. Ás 20 h. terá lugar a entrega do premio Cineuropa ao actor arxentino Leonardo Sbaraglia; ás 22:30 h. celebraranse dúas estreas galegas no Salón Teatro e no Teatro Principal e, ao longo da xornada, realizaranse presentacións e coloquios de varios filmes galegos que están a acadar un éxito notable de público e crítica.

O festival Cineuropa premia a Leonardo Sbaraglia pola súa traxectoria de máis de trinta anos e 52 longametraxes mediante os cales, segundo José Luis Losa, director deste festival, o actor “alcanzou unha madurez á vez serena e impúdica”. O acto celebrarase ás 20 h. no Teatro Principal e estará seguido pola proxección do último filme do arxentino, El otro hermano, de Israel Adrián Caetano, que lle valeu o premio ao mellor actor no Festival de Málaga deste 2017. A entrada á cerimonia e á proxección será gratuíta previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal.

Ás 16:30 h. comezarán as presentacións de diferentes filmes. O encargado de introducir o primeiro filme, No te olvides de mí, de Fernanda Ramondo, será o mesmo Sbaraglia, que protagoniza unha road movie de personaxes desarraigados que constrúen una particular familia. Ás 17:30 h. presentaranse en NUMAX dúas propostas protagonizadas por mulleres fortes en mundos pouco propicios para o empoderamento feminino. Trátase de Matria, de Álvaro Gago, e O tempo futuro, de Xoan Escudero. A primeira, unha historia sobre o falso mito do matriarcado galego, vén de gañar o premio á mellor curta española na Seminci de Valladolid. Pola contra, a segunda, un documental sobre Bárbara Iglesias, a primeira piloto de bobsleigh a nivel estatal, acadou o premio do público á mellor longametraxe galega no festival Primavera do Cine de Vigo. Ambos os dous directores parolarán cos asistentes sobre os seus traballos. Interesante será tamén a presentación de Vigo 1972 a cargo do seu director Roi Cagiao. O documental narra a folga de case trinta mil traballadores vigueses que puxo á cidade olívica no foco informativo a nivel internacional en plena ditadura franquista.

Por último, non debemos esquecer a estrea de Cuori Puori (Corazón Puro), que vén a Cineuropa co premio á mellor actriz do Festival de Cine de Sevilla baixo o brazo. A estrea galega terá lugar ás 22:30 h. no Salón Teatro. Á mesma hora, pero no Teatro Principal, pasarase por vez primeira o novo de Claire Denis, Un beau soleil intérieur (Un sol interior) unha historia amor e humor protagonizada por Juliette Binoche.

Ao longo da xornada, poderase asistir a outras proxeccións de filmes pertencentes ás diferentes seccións que compoñen a 31ª edición do festival. Toda a información está dispoñible no sitio web do festival cineuropa.gal.

 

PROGRAMACIÓN COMPLETA MARTES 14

 

[tabs]
[tab title=”TEATRO PRINCIPAL”]16:30 NO TE OLVIDES DE MÍ Fernanda Ramondo (Coa presentación de Leonardo Sbaraglia)

18:15 DOPO LA GUERRA Annarita Zambrano

20:00 CERIMONIA DE ENTREGA DO PREMIO CINEUROPA A LEONARDO SBARAGLIA

EL OTRO HERMANO Israel Adrián Caetano

22:30 UN BEAU SOLEIL INTÉRIEUR / UN SOL INTERIOR Claire Denis

00:15 LA NOVIA ENSANGRENTADA (Versión íntegra) Vicente Aranda[/tab]
[tab title=”SALÓN TEATRO”]17:15 CHICAGO BOYS Carola Fuentes e Rafael Valdeavellano

19:00 VIGO 1972 Roi Cagiao (con presentación e coloquio)

20:30 HIKARI / CARA A LUZ Naomi Kawase

22:30 CUORI PURI / CORAZÓN PURO Roberto de Paolis
[/tab]
[tab title=”MULTICINES COMPOSTELA (SALA 2)”]18:00 ZAVTRA BYLA VOYNA / MAÑÁ FOI A GUERRA Yuri Kara

20:00 PECERA Emiliano Grassi

21:30 MATEWAN John Sayles[/tab]
[tab title=”CINEMA NUMAX”]17:30 MATRIA Álvaro Gago – O TEMPO FUTURO Xoán Escudero (con presentación e coloquio)

19:30 EX LIBRIS: NEW YORK PUBLIC LIBRARY Frederick Wiseman

23:00 78/52 Alexandre O. Philippe[/tab]
[tab title=”CGAC”]17:00 REIGN OF TERROR / O REINADO DO TERROR Anthony Mann

18:45 MÉG KÉR A NÉP / SALMO ROXO Miklós Jancsó

20:15 LA CINA È VICINA / CHINA ESTÁ PRETO Marco Bellocchio[/tab]
[/tabs]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies