займ срочно

O programa Ler conta moito dinamizará no verán as bibliotecas de máis de 54 concellos

0

Bisbarra, 27 de xuño do 2017 – Os libros e a lectura serán os protagonistas do verán nas bibliotecas públicas municipais de Galicia coas 81 actividades que ofrecerá o programa Ler conta moito durante verán.

Ata o 21 de setembro, esta iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración cos concellos chegará ás bibliotecas e axencias de lectura públicas dun total de 54 localidades das catro provincias galegas.

Ames, A Baña, Boqueixón, Ordes, Rois e Santiago de Compostela serán os escenarios da bisbarra que participen en esta iniciativa na que se levarán a cabo as preto de 80 actividades de Ler conta moito

Un programa con múltiples propostas

Sesións de contacontos participativos, obradoiros de poesía, de ciencia ou de arte, espectáculos de maxia e teatrais, actividades para a creación de audiocontos, narracións musicadas e encontros con ilustradores son algunhas das actividades deste programa dirixido a públicos diversos, con especial atención aos máis novos.

Os contos do chupete, con teatro, danza e música para os máis miúdos da casa; Entre libros anda a maxia, a cargo de Leo Leíño; Conto espress, con Sarabela Teatro; o espectáculo teatral de Pitusa Semifusa, con Xiana Lastra e Olga Brañas;  BiblioCanta, cun achegamento ao cancioneiro popular galego; e a divulgación científica de Carmiña miudiña, a pinga que quería ser científica son algunhas das propostas que percorrerán neste verán as bibliotecas públicas para dinamizar a lectura.

Arte e lectura con Maruja Mallo

As artes plásticas tamén estarán presentes na programación. Co gallo da homenaxe a Maruja Mallo polo Día das Artes Galegas 2017, Ler conta moito inclúe tamén na programación un obradoiro creativo a cargo de Mirari no que nenos e nenas de  5 a 12 anos terán ocasión de aprender a realizar un autorretrato ao estilo da artista, a partir do seu cadro titulado Ciclista. Así mesmo, a autora de Viveiro centra a actividade Arte nos libros!, xunto con Leonardo da Vinci, Velázquez, Van Gogh, Picasso, Luís Seoane e Maruja Mallo.

Na edición de 2017, Ler conta moito levará ao longo de 2017 máis de 750 actividades de dinamización da lectura ás bibliotecas públicas municipais espalladas por todo o  territorio galego para contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir.

Ler conta moito, na rede

As actividades do programa poden consultarse na rede, na Axenda de Cultura de Galicia www.cultura.gal/axenda ou na páxina da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia http://rbgalicia.xunta.gal/gl/recursos-para-profesionais/ler-conta-moito. No transcurso do programa, as bibliotecas tamén comparten o relato das actividades realizadas no blog http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies