займ срочно

Letras Galegas e Primavera de Cultura en Arzúa.

0

Arzúa, 16 de maio do 2019 –  O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo as actividades da programación Primavera de Cultura que neste mes de maio honra ás Letras Galegas.

Mañá venres, 17 de maio, a Primavera celebra o Días das Letras galegas cun roteiro musical a cargo do Grupo de Música e Baile Tradicional O Bringuelo que partirá ás 18:00h da Praza de Galiza pasando polo Parque Infantil, contorna da Capela da Madanela e Prazoleta da Rúa das Dores para rematar de novo na Praza de Galiza con actuacións de música e baile en todas as paradas mencionadas nun percorrido que terá dúas horas de duración, aproximadamente. En caso de mal tempo, todas as actuacións pasarán a celebrarse no Multiusos Terra do Queixo a partir das seis da tarde.

Ademais, para o sábado 18, está prevista a celebración dun contacontos infantil na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro ás 12:00h. A compañía Xarope Tulú escenificará o seu último espectáculo titulado Cardume que combina a narración oral coa música en vivo. En escena, unha narradora e un músico achégannos historias onde as personaxes levan a diversidade como bandeira. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todas e todos sumamos.

Por último, dentro da axenda cultural, tamén se poderá visitar a exposición do XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas que permanecerá na Capela da Madanela ata o 27 deste mes en horario de 18:30 a 20:30 de luns a venres.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies