Levan ao Parlamento a residencia de maiores de Padrón

0

Padrón, 5 de febreiro do 2021 – O Psoe de Padrón levará ao Parlamento os usos da futura residencia de maiores do concello para pedir que conte con prazas públicas para a veciñanza.

Concelleiros socialistas de Padrón reuníronse coa Deputada Noa Díaz para plantarlle algunhas das demandas da comarca do Sar, entre elas a necesidade de prazas públicas para os maiores do concello.

A petición chega despois de que no mes de outubro Xunta e concello asinaran un convenio para a elaboración do proxecto dunha nova residencia na comarca.  Os socialistas galegos tamén pedirán o apoio do goberno autonómico á disposición dunha nova Biblioteca Pública Municipal e que recupere o Programa Integrado de Emprego.

Recuperación de patrimonio

Díaz chamou ao goberno galego a “implicarse na recuperación do Castro Valente e da Rocha Branca”, dous bens patrimoniais fundamentais para a comarca, e que aborde os problemas xerados polo ruído que provoca a subestación eléctrica de Fenosa. O Grupo socialista demanda ademais un plan do Executivo autonómico para “facer chegar a rede de saneamento a tódalas zonas rurais”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial