O 26 de abril levantaranse as actas para a mellora do trazado entre As Galanas e Cacheiras en Teo

0

Teo, 16 de abril do 2018 – O primeiro paso para a mellora da estrada DP 8202 entre As Galanas e Cacheiras, o levantamento de actas de expropiación, terá lugar o próximo día 26 no antigo Teleclub de Cacheiras.

A vía que une As Galanas con Cacheiras é unha das máis perigosas do concello. O pouco ancho con que conta non deixa sitio apenas para os peóns ao tempo que pasa por zonas moi poboadas. A Deputación resolverá con esta obra o problema da zona da igrexa con dúas curvas de nula visibilidade nunha zona de acumulación de tráfico e peóns.

O acto de levantamento de actas será o 26 de abril do 2018 no Antigo Teleclub de Cacheiras (Travesía Cacheiras nº 50) de 16:30 a 17:00 horas. No anuncio convócase aos titulares de bens e dereitos afectados por esta obra para que nese día se proceda ao levantamento de actas para determinar os dereitos afectados podendo desprazarse ao lugar das fincas.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentaba en maio do ano pasado no Concello de Teo o proxecto de ampliación da estrada e mellora do trazado da DP8202. González Formoso, acompañado dos enxeñeiros do departamento de Vías e Obras da institución provincial, explicou os detalles do proxecto, que consistirá na construción dunha nova variante en Cacheiras, entre os puntos quilométricos 3+000 e 4+240, que contará cun tramo de 1,2 quilómetros no que a estrada se dotará de 9 metros de ancho e que contribuirá a mellorar notablemente a seguridade vial na zona da igrexa e da escola infantil.

O alcalde de Teo agradeceu ao presidente da Deputación o seu interese por “unha cuestión fundamental para o municipio, como é a mellora das estradas” e subliñou que este era un proxecto “moi demandado pola corporación  local, debido á perigosidade dunha dobre curva existente na zona”. A Deputación tratará de eliminar este punto negro a través da actuación presentada, cuxo orzamento inicial ascende a 316.336,52 euros.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies