займ срочно

Levarán ao Parlamento a concentración parcelaria de Teo

0

Teo, 20 de outubro do 2018 – O BNG levará ao Parlamento unha iniciativa para pedir a Xunta de Galicia que se retome a concentración parcelaria en Teo, comezada en 1999 e aínda non rematada.

En 1999 a Xunta declaraba de utilidade pública e de urxente execución a concentración parcelaria da zona Oza-Teo-Bamonde-Vilariño de 630 hectáreas, da zona de Lampai-Luou de 1.175 has., e da zona Lucí-Rarís de 610 has. Desta maneira, poñíanse en marcha os procesos de ordenación parcelaria que nos tres casos avanzaron até rematar a fase do levantamento topográfico, quedando posteriormente paralizadas as actuacións. En 2015, a través da Lei 4/2015, de 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galiza, a Xunta decide dar por rematados estes procedementos declarándoos caducados. Esta suspensión afectou ás parroquias de Bamonde, Lampai, Lucí, Luou, Oza, Rarís, Teo e Vilariño.

O portavoz do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, explica que “dos 16 procesos de concentración iniciados en Teo, 13 foron rematados, é dicir das 7.578 hectáreas previstas quedan por ordenar 2.415, 1.175 de Lampai-Luou, 630 de Oza- Bamonde-Teo-Vilariño e 610 de Lucí-Rarís. Hai que ter en conta que nestas zonas xa se ten realizado o levantamento topográfico, que é unha das fases máis complexas do proceso de reestruturación parcelaria”. O concelleiro engade que “os veciños e veciñas destas parroquias entenden que os motivos polos que se solicitaron estas concentracións e foron declaradas de urxente execución seguen vixentes polo que reclaman que se rematen as concentracións”.

Os nacionalista presentaran, ademais da petición no Parlamento, unha moción no pleno de finais de mes na que se insta ao goberno municipal de Teo que remita á Consellería de Medio Rural, na maior brevidade posible, e tomando como punto de partida os traballos realizados nos procedementos de concentración parcelaria declarados caducados en 2015, a solicitude de avaliación para activar novamente o proceso de declaración de utilidade pública de reestruturación parcelaria e se executen as actuacións precisas para que sexan unha realidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies