займ срочно

Levarán ao Parlamento Europeo a obra da alameda da Estrada

0

A Estrada, 18 de febreiro do 2019 – O BNG da Estrada ven de anunciar que levará ata o Parlamento Europeo o “despilfarro” da remodelación da Alameda.

Os nacionalistas manteñen desde hai tempo unha actitude moi crítica sobre o proxecto EDUSI que supón cinco millóns de euros de Fondos Feder. O BNG lembra que a participación é un dos piares de este tipo de iniciativas que teñen como obxectivo final o desenvolvemento cultural e natural das áreas urbanas. Para o grupo a obra da Alameda, financiada con estes fondos, non pode ser considerada sustentable nin medio ambiental cando foron cortados árbores centenarios e non se dan solucións de minimicen o impacto enerxético nin na construción ni no mantemento posterior.

Falta de participación

O BNG denuncia tamén a falta de participación. Según explican “hai que ter en conta que organizacións políticas e sociais fixeron propostas, -o BNG entre elas- que nunca se chegaron a avaliar nin a considerar por parte da comisión xestora da EDUSI. Neste sentido, cómpre engadir que foi o propio alcalde o que recoñeceu publicamente que a ampliación da Alameda “non é unha proposta do PP; é unha proposta dun equipo, dunha enxeñería, que gañou un concurso e que se adapta ás necesidades da Estrada e á estratexia EDUSI”.

A eurodeputada Ana Miranda den de impulsar unha iniciativa para coñecer como se gastan os millóns de euros dos fondos FEDER da Unión Europea. No BNG explican que “non é de recibo que o grupo municipal do PP gaste un millón e medio de euros dos fundos EDUSI nunha actuación non prioritaria nestes intres habendo como hai outras prioridades e necesidades que padecen no día a día veciños e veciñas da Estrada. Entre elas subliñamos unha vez máis os problemas crónicos da traída de auga que padece a vila ou o saneamento do rural”.

O BNG presentou ademais 45 propostas no mes de xaneiro de 2017 que nunca se chegaron a debater ao longo destes meses en ningún foro “a pesar da tan cacareada participación cidadá que nos vende o PP”. As propostas ian desde a creación de aparcadoiros públicos gratuítos en superficie en distintos puntos da vila como demanda tamén o colectivo de comerciantes, ou a apertura de novas rúas, até a potenciación da praza de abastos, recuperar os sistemas de regadío existentes actualmente inutilizados para que sirvan para afrontar as secas dos últimos veráns ou a posta en marcha do matadoiro municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies