займ срочно

Libraría Couceiro, 46 anos camiñando entre libros

0

O reportax en esta ocasión está adicado a A libraría Couceiro. Abriu no ano 1969 na Rúa de San Pedro, de alí pasou no ano 75 a República del Salvador e no 95 abriuse un segundo local na rúa do Hórreo; xa no 2007 trasládanse a praza de Cervantes onde ocupan todo un edificio.

imaxe do reportaxe sobre a libraría couceiro

Libraría Couceiro

O negocio naceu grazas ao inconformismo do pai de Pablo Couceiro, o actual propietario “o meu pai era comercial aínda que non lle gustaba o sector no que traballaba, pensou que o que mellor facía era ser comercial e pensou tamén que cousa lle gustaban e xuntando todo decidiuse por poñer a librería”. Pablo viviu en primeira persoa os cambios sufridos polo negocio e recorda moitos veráns nos que as vacacións pasaban participando en feiras de libros “creo que sufriu unha evolución moi grande, cando abriu era unha
libraría  xeralista que vendía de todo e pouco a pouco foi mudando ata chegar a unha especialización. Este sitio pode dar a impresión de non selo ao ser tan grande pero a verdade é que existe esa especialización en libro galego, antigo e de ocasión. Ocorre que estamos na entrada do Camiño de Santiago e, polo volume de xente que entra, iso nos obriga a ter algo de libro en castelán, guías de viaxe ou un pouquiño de libro en idiomas pero polo que é coñecida libraría Couceiro é polo libro galego e polo antigo e de ocasión”
.

Couceiimaxe do reportaxe sobre a libraría couceiroro sempre combinou a venta de libros coas actividades pero o local da praza de Cervantes abriulle as portas a novas ideas “este local nos da opcións de facer moitas mais cousas pero as presentacións, publicacións de libros non venais para agasallo, xa se leva facendo moito tempo pero aquí a maiores comezamos cunha actividade que non sabemos que se faga en ningún outro sitio de Galicia, temos un pequeno obradoiro de encadernación e como tempos libro vello ademais de recuperar os libros que compramos damos a opción de que cando alguén quere facer un agasallo e se decide por libro antigo poida
facer unha encadernación especial, totalmente artesanal que fai do libro unha cousa única, non traballamos para fora, non pode vir calquera a facer iso ou a que lle arranxen un libro pero si damos ese servizo aos compradores”
. A libraría foise especializando, para Pablo Couceiro é a táboa de salvación dos pequenos negocios “tódolos comercios teñen que buscar a especialización. estas competindo con un mercado global, con internet calquera pode recibir na súa casa o que queira e o único que nos queda ao comercio pequeno, ou familiar chámalle como queiras, é que vaias creando un coñecemento na xente que te rodea do que podes ofrecer e que veñan aqui porque saben que , por exemplo, si buscan libro galego saiban que ti os podes informar ou si buscan libro antigo e buscan unha peza que veñan para ver si a podes localizar. Isto tanto nas librarías como en calquera outro negocio, o único xeito de competir nun mundo tan globalizado é a especialización “.

En este contexto a situación de Compostela en relación co libro é privilexiada “en Vigo hai unha Casa do Libro, en Coruña un Fnac, en Santiago non entrou ningunha de esas cadeas. Supoño que é porque o mundo do libro en Santiago está moi ben representado, si o comparas por poboación co resto das cidades galegas a cidade ten unha porcentaxe de librarías moi alto, hainas especializadas, xeneralistas, hai unha de 1.000 metros cadrados, esta ten 500, e non hai moitas librarías na Galiza con esas superficies”.

Son 46 anos dedicados ao libro. Conversando con Pablo Couceiro un decátase de que a ilusión e a dedicación son partes fundamentais dun negocio e iso en Couceiro nótase desde que un entra pola porta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies